Xornada en Carballeda de Avia sobre usos produtivos dos montes comunais

Publicidade
Data inicio: 16/04/2016
Data fin: 16/04/2016
Lugar: Carballeda de Avia, Ourense, España

Carballeda de Avia (Ourense) acollerá este sábado 16 de abril unha xornada adicada a amosar as posibilidades dos montes comunais para a xeración de emprego e riqueza a través de actividades cooperativas. O acto, organizado, pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), forma parte dun ciclo que está a desenvolverse en diversas localidades de Galicia.

O programa da xornada inclúe unha primeira parte adicada a cuestións lexislativas e de administración dos montes veciñais e unha segunda orientada a coñecer casos de éxito. En Carballeda de Avia, amosaranse iniciativas relacionadas coa crianza de animais, coa plantación de olivos ou coa produción de castaña, cogomelos e mel.

De falar sobre os aspectos económicos e lexislativos derivados da Lei de Montes encargarase Calixto Escariz, un experto en asesoría de comunidades de montes; en tanto o director xerente de Agaca, Higinio Mougán, abordará os xeitos de xestión cooperativa de recursos ociosos nos montes veciñais. Tamén participará Manuel Eirín, da empresa Gaélica Solar, que afondará na eficiencia enerxética nas comunidades de montes.

Inscripción
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse gratuitamente a través da web de Agaca ou chamando ó teléfono 981-58.47.83.

A iniciativa está impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e o Plan de Formación e Divulgación da Potencialidade do Cooperativismo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información