Xa se pode comprobar se o Sigpac 2016 delimita adecuadamente as parcelas

O FEGA pon en marcha un sistema para consultalo a través do visor e do servizo web de mapas. O SIGPAC é a referencia de superficie para recibir as axudas da PAC

Xa se pode comprobar se o Sigpac 2016 delimita adecuadamente as parcelas

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) informa de que os agricultores e gandeiros xa poden comprobar se a caché da Campaña 2016 do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas de España (Sigpac) -base de referencia de superficies para a solicitude única de axudas da Política Agrícola Común (PAC)- reflicte a situación real das súas parcelas.

A consulta pódese realizar tanto a través do visor como do servizo web de mapas (WMS) do Sigpac. O FEGA lembra que “os agricultores deben realizar a declaración de superficies en base á realidade do terreo, polo que o produtor debe notificar á Administración se observa que o Sigpac non reflicte a situación real das súas parcelas, que os seus recintos non están correctamente delimitados ou se cambiou o seu uso”.

A Base de Datos do Sigpac actualízase continuamente a través de varios procesos nos que participan tanto as comunidades autónomas como o FEGA e con informacións sobre o Catastro, as alegacións dos agricultores, os resultados dos controis ou a integración de obras, entre outras.

“A caché de campaña do Sigpac permite garantir unha certa estabilidade durante o proceso declarativo antes do inicio do período de presentación da solicitude única da PAC”, lembran desde o FEGA.

Para a campaña 2016, o Sigpac contabiliza 69,33 millóns de recintos que se estenden nunha superficie total de 50,75 millóns de hectáreas (comprende terras de cultivo, cultivos permanentes, pastos, forestal, superficie non agrícola e “outros”).

Municipios nos que as referencias identificativas deben ser distintas ás do SIGPAC

Por outra banda, o FEGA tamén publica a relación detallada e o resumo de todos os municipios de España nos que, en todo ou en parte do seu territorio, a declaración de superficies débese facer con referencias identificativas distintas ás referencias SIGPAC.

Esta información facilítase para que todos os produtores que inclúan, dentro da súa solicitude de axudas, superficies situadas nalgún destes termos municipais presten especial atención, xa que é posible que teñan que utilizar referencias identificativas distintas ás utilizadas no ano anterior.

Listaxe de municipios de Galicia nos que as referencias identificativas deben ser distintas ás do SIGPAC

Resumo dos datos contidos no Sigpac para a campaña 2016

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información