Viaxe de gandeiros e apicultores do Courel ó parque natural de Somiedo, en Asturias

A Fundación Oso Pardo organiza unha visita de veciños da montaña lucense a Asturias para coñecer experiencias gandeiras e empresariais de territorios xa habituados a convivir co oso

Publicidade
Viaxe de gandeiros e apicultores do Courel ó parque natural de Somiedo, en Asturias

O próximo mércores 16 de maio, a Fundación Oso Pardo organizou unha visita de veciños do Courel ó parque natural de Somiedo, en Asturias. O obxectivo é que gandeiros e apicultores da montaña lucense poidan coñecer de primeira man experiencias de axentes locais e empresarios de Somiedo xa habituados a convivir co oso.

O programa da viaxe a Somiedo inclúe unha mesa redonda de intercambio de experiencias e unha visita a unha explotación gandeira e a outra apícola, entre outras actividades. A actividade está orientada a profesionais agrarios dos municipios de Quiroga, Folgoso do Courel, Samos, Triacastela, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro.

O encontro enmárcase dentro das accións do proxecto Life Oso Courel, coordinado pola Fundación Oso Pardo, que ten entre as súas finalidades fomentar a aceptación do oso entre a poboación local, así como previr e solucionar posibles conflictos que poidan derivarse da presenza de novos exemplares na serra do Courel. Colaboran tamén no proxecto a Xunta, a Asociación Galega de Custodia do Territorio, a Fundación Biodiversidade e Gas Natural Fenosa.

As persoas do Courel interesadas en asistir poden dirixirse ó teléfono 942 23 49 00 ou escribir a [email protected] Está prevista a saída de dous autobuses, un desde Quiroga (ás 8 da mañá), pasando por Folgoso, Seoane e Pedrafita do Cebreiro; e outro desde Samos, tamén ás 8 da mañá pasando por Triascatela, As Nogais e Pedrafita. A volta desde Asturias está prevista para as 20 horas. Pode consultarse neste documento o programa da visita.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información