Unións pronostica que os plans de mellora marxinarán ás granxas máis competitivas

Publicidade
Unións pronostica que os plans de mellora marxinarán ás granxas máis competitivas

Silo nunha explotación gandeira. / Arquivo.

Unións Agrarias advirte de que os criterios de concesión das axudas de plans de mellora deixarán fóra a algunhas das mellores granxas galegas. A organización sinala que as ganderías que carezan da incorporación recente dunha persoa moza teñen escasas posibilidades de lograr apoios, “tal e como xa sucedeu no 2016 e 2017”.

Desde Unións xa pediran con antelación que as axudas de plans de mellora do 2018 incluísen criterios que permitisen o acceso ás mesmas de explotacións modernas e competitivas que precisan afrontar novos investimentos. A organización apunta agora que non se fixo así e cuestiona tamén o escaso prazo que se concede -1 mes- para presentar as solicitudes.

Tamén lembra Unións que hai problemas á hora de conseguir as licenzas municipais de obras en tempo, unha cuestión que se repite tódolos anos e que continúa sen solucionar.

Outro asunto que lle preocupa á organización agraria é a rebaixa da cuantía máxima subvencionable, que pasou do 60% ó 50%.

Máis información

Convocadas as axudas de plans de mellora, incorporación de persoas mozas e pequenas explotacións.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información