Unións critica a intención de reducir centros de saúde no rural

A organización agraria pide o mantemento do consultorio de Soutelo de Montes, en Forcarei, que o Sergas pretende pechar. Demanda unha aclaración da Xunta sobre os plans de atención sanitaria nas comarcas do interior de Galicia

Unións critica a intención de reducir centros de saúde no rural

Mobilización veciñal en Soutelo (Forcarei) ante o centro de saúde.

A intención do Sergas de reducir centros de saúde en zonas rurais como Forcarei (Pontevedra) suscitou unha nota de prensa de Unións Agrarias, que pide unha aclaración sobre os plans que ten a Xunta para a atención sanitaria nas comarcas do interior de Galicia. A organización agraria demanda que se manteña o consultorio de Soutelo de Montes (Forcarei), que o Sergas pretende pechar, e posiciónase contra a redución de persoal sanitario no rural.

O secretario comarcal da organización no Deza e Tabeirós-Terra de Montes, Román Santalla, califica de “atentado ó rural” que se queiran pechar centros de saúde como o de Soutelo. “A Xunta ten que ter en conta factores como o avellentamento da poboación e a dispersión á hora de organizar os recursos sanitarios. Dificilmente podemos traballar e vivir no rural se nos deixan sen servizos”, advirte.

No caso concreto de Forcarei, Unións apoia as reivindicacións da plataforma veciñal que pide o mantemento do consultorio de Soutelo. A organización demanda ademais do Sergas que “deixe de facer as cousas pola porta de atrás” e solicita información sobre os plans de redución de persoal sanitario no rural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información