Té do país, cultivo potencial en Galicia

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, divulga na feira gourmet Etiqueta Negra as posibilidades do té cultivado nas súas instalacións

Té do país, cultivo potencial en Galicia

Degustación de té galego na feira Etiqueta Negra.

Estes días celebrouse en Pontevedra a feira de produtos gourmet Etiqueta Negra, un evento no que se amosou a potencialidade da produción de té en Galicia. A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, organizou catas e maridaxes do té que produce nas súas instalacións para amosar as posibilidades do cultivo.

A infusión é producida a partir das follas da planta do té, a ‘camelia sinensis’. O proceso de fermentación das súas follas é a que determina a variedade do té. En Galicia, hai un clima e unha humidade favorables para o cultivo da ‘camelia sinensis’, segundo explicaron desde Areeiro.

“Coa participación da Estación Fitopatolóxica na feira gourmet cumpriuse o obxectivo de amosar as potencialidades do té en Galicia. Despois das degustacións houbo moita xente que preguntou onde se podía mercar, polo que está claro que é unha aposta interesante a desenvolver”, sinalou a deputada Eva Villaverde.

Preparación
As degustación na feira correron a cargo do especialista e catador Carlos Riaño, que salientou as características do té do país, ofrecendo indicacións sobre as posibles formas de preparación. Tamén se fixeron maridaxes con outros produtos da terra, como o queixo ou os berberechos.

En canto á preparación do té, o experto recomendou que a auga non chegara a ferver, quedándose nos 80-90 graos. O tempo de repouso da infusión dependerá da variedade: para o té verde recomendou 2 minutos e para o té negro 4-5 minutos.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información