A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Sostibilidade e benestar animal, eixos da feira Figan 2019

Feria de Zaragoza celebrará entre o 19 e o 22 de marzo a Feria Internacional para la Producción Animal (Figan), na que agarda un 25% máis de empresas participantes que na anterior edición

Sostibilidade e benestar animal, eixos da feira Figan 2019

Reunión do comité organizador de Figan 2019.

O comité organizador da Feria Internacional para la Producción Animal (Figan), que se celebrará do 19 ó 22 de marzo en Zaragoza, xa ten perfilado o evento. A falta de catro meses, a organización calcula que logrará un aumento do 25% na cifra de empresas participantes e definiu tamén as xornadas técnicas paralelas ó certame, que xirarán en torno ás ideas de sostibilidade e benestar animal.

As expectativas que suscita a próxima edición de Figan, que se celebra en anos alternos, turnándose coa feira Fima Agrícola, son altas. “Estamos traballando para superar as cifras da pasada edición e para mellorar a satisfacción dos profesionais”, destaca o director xeral de Feria de Zaragoza, Rogelio Cuairán.

O director de Marketing e Comercial, Alberto López, asegura que o equipo de Figan está satisfeito cos resultados dos cambios implementados para a próxima edición. “Grazas á estratexia comercial e á resposta positiva do sector, aumentouse un 25% o número de empresas participantes en relación ó 2017”, apunta López.

A aposta pola internacionalización de Figan é clara, estando presente a organización nunha vintena de eventos en todo o mundo, incluíndo os certames agrarios de Bolonia (Italia), Hannover (Alemania) e Guanajuato (México). Un dos aspectos que se quere cuidar en Figan é o das misións comerciais. Para Figan 2019, a Feria de Zaragoza ten previsto facilitar encontros B2B (negocio con negocio) cunha rede comercial que inclúe organizacións dunha trintena de países.

Outro apartado que se está a concretar de Figan é o das xornadas técnicas paralelas ó certame, que nesta edición xirarán en torno ás ideas de sostibilidade e benestar animal.

Nas próximas semanas, a organización habilitará a aplicación (App) oficial de Figan, que incluirá planos interactivos e servizos para que os expositores organicen a súa axenda e concerten reunións. A Feria de Producción Animal (Figan), que constitúe unha referencia a nivel peninsular, está a incorporar melloras tamén na súa páxina web.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *