Segunda edición do encontro Agrobiotech Innovación en Ourense

O evento, organizado pola Axencia Galega de Innovación, inclúe un área expositiva de empresas dos sectores biotecnolóxico, agroalimentario e da biomasa, así como relatorios e obradoiros sobre tendencias emerxentes

Publicidade
Data inicio: 26/10/2017
Data fin: 27/10/2017
Lugar: Parque Tecnoloxico de Galicia, San Cibrao das Viñas, Ourense

O Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas (Ourense) acolle o xoves 26 e o venres 27 a segunda edición das xornadas Agrobiotech Innovación, centradas nos sectores biotecnolóxico, agroalimentario e da biomasa. O evento, organizado pola Axencia Galega de Innovación, inclúe sesións e talleres sobre tendencias emerxentes, un área expositiva para fomentar oportunidades de negocio para empresas do sector e contactos de networking, organizados con anterioridade.

Agrobiotech, que ten inscripción gratuíta, está orientado a empresas demandantes ou ofertantes de produtos nos tres sectores que abarca o encontro. Tamén a asociacións e institucións que traballan nos mesmos ámbitos. Pódese consultar o programa completo das xornadas e inscribirse na web do evento.

O programa do Encontro inclúe diferentes formatos de actividades. Para favorecer o intercambio de coñecemento especializado, deseñouse un conxunto de relatorios, mesas redondas e obradoiros sectoriais de carácter práctico a cargo de expertos en cada unha das tres áreas de referencia (biotecnoloxía, agroalimentación, biomasa). Nelas abordaranse tendencias emerxentes que supoñen a apertura de novas oportunidades para as empresas, como son a bioeconomía, a compra pública innovadora e a industria 4.0.

Unha área de exposición permitirá a empresas e profesionais amosar os seus produtos e realizar presentacións e demostracións. De maneira complementaria, habilitarase un espazo de networking para favorecer os contactos profesionais e institucionais. Ademais, co fin de favorecer o contacto directo, programarase unha axenda de reunións bilaterais, que serán xestionadas con antelación. O Encontro conta coa colaboración de Cetal, Bioga, Clusaga e CIS Madeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información