“Se non controlamos a sobreabundancia de xabaríns os problemas irán a máis”

Entrevista a Joaquín Vicente, investigador do Instituto de Investigación en Recursos Cinexéticos (IREC, UCLM-CSIC) e coordinador do proxecto europeo ENETWILD, que acaba de presentar o primeiro mapa de distribución e abundancia do xabaril en Europa

“Se non controlamos a sobreabundancia de xabaríns os problemas irán a máis”

Joaquín Vicente, investigador do Instituto de Investigación en Recursos Cinexéticos (IREC, UCLM-CSIC) e coordinador do proxecto europeo ENETWILD

O investigador do Instituto de Investigación en Recursos Cinexéticos (IREC, UCLM), Joaquín Vicente, coordina o proxecto europeo ENETWILD (www.enetwild.com) que financia a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA).

O obxectivo deste proxecto é producir mapas de distribución e abundancia da fauna silvestre en todo o continente europeo, centrándose actualmente no xabaril, o que permitirá analizar o risco da “alarmante” propagación da Peste Porcina Africana (PPA) a través desta especie.

Na actualidade, o quince socios europeos que participan no programa, encargado e financiado pola Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA), xa puxeron en marcha os estándares comúns para a recollida de datos e presentaron o primeiro mapa de distribución e densidade do xabaril en Europa.

Que enfermidades poden transmitir os xabaríns tanto ao gando como aos seres humanos?
Principalmente a Peste Porcina Africana no caso dos porcos e a tuberculose tanto a gando vacún, como a caprino, ovino e porcino. Isto último é un problema importante no gando extensivo do Centro e Sur de España, asociado a puntos de interacción (como os abrevadeiros, charcas, etc), propagando a tuberculose. Á súa vez, nun problema crecente no norte de España. Pero tamén o xabaril pode transmitir zoonoses aos humanos, como a mencionada tuberculose ou a hepatite E.

“A medida máis eficaz é o control poboacional mediante a caza”

Cales son as medidas de prevención máis efectivas?
A medida máis eficaz é o control poboacional, normalmente mediante a caza para reducir a densidade desta especie silvestre. Non temos que esquecer que creamos unhas fontes de alimentacion case ilimitadas para o xabaril en forma de cultivos nun campo cada vez máis deshabitado, e limitar o seu acceso é fundamental pare evitar o crecemento poboacional da especie.

Para protexer ao gando, como o vacún, as medidas máis efectivas son aquelas que melloran a bioseguridade, establecendo barreiras para evitar o contacto, que principalmente é indirecto, entre o gando e a fauna silvestre.

No caso de millo forraxeiro que foi comido polo xabaril, ¿pode transmitirse posteriormente a enfermidade ao gando?
Se o millo posteriormente foi ensilado, debido ao proceso bioquímico de fermentación no silo, é menor a probabilidade de que se poida transmitir ao gando posteriormente, pero pode ocorrer. Depende tamén da natureza do patóxeno en cuestión.

Outra cousa é se os xabaríns ou os corzos comen en silos abertos con escasa marxe de tempo co gando, pois aí a probabilidade de transmisión de enfermidades ao gando é moito maior. De feito, en Canadá rexistráronse casos de vacas con tuberculose debido a que os cervos van alimentarse no inverno ao ensilado.

Mapa de densidade das poboacións de xabarín en Europa: 

xabarin EUROPA IREC ENETWILD

Publicastes o primeiro mapa de abundancia da poboación de xabaril en Europa. Que conclusións preliminares se poden extraer?
A nivel xeral é moi importante, pois xa contamos cun modelo de distribución dunha especie silvestre coordinado a nivel europeo e podémolo utilizar para facer análise de risco de propagación ou de persistencia de enfermidades, o que permite poder tomar decisións con datos máis fiables.

En canto aos valores de abundancia, por fin temos unha primeira “foto” da súa variación ao longo de Europa e podemos extrapolar valores de densidade da poblacións. A modo orientativo, poderíase dicir que hai unha densidade baixa de xabaríns se hai 1 ou menos por quilómetro cadrado, media se hai de 1 a 3 e alta se hai 4 ou máis por quilómetro cadrado.

Neste sentido, na Península Ibérica practicamente non hai unha cuadrícula de 10 por 10 quilómetros na que non se detecte a presenza de xabaríns.

 “Demóstrase que temos unha sobreabundancia de xabaríns en toda Europa, mesmo en ambientes urbanos”

A nivel europeo é unha especie claramamente en expansión nas últimas décadas e en gran parte da súa área de distribución existe unha clara sobreabundancia, cuxos efectos se manifestan en forma de accidentes de tráfico, danos nos cultivos ou transmisión de enfermidades. Ademais, nas zonas nas que hai sobreabundancia pódese provocar unha perda de biodiversidade, repercutindo negativamente sobre pequenos mamíferos, aves nidificantes en chan, invertebrados, a cuberta vexetal e outros animais.

Está claro que temos un problema de sobreabundancia de xabaríns e isto é algo que ocorre en toda Europa, mesmo en ambientes urbanos, polo que se require un maior esforzo de control das súas poboacións.

Cales son as rexións con maior densidade desta especie?
Aquelas onde ten maior acceso a alimento e refuxio: zonas con bosques atlánticos e mediterráneos, onde isto combínase con cultivos como campos de millo. Por exemplo, na Península Ibérica existen situacións de risco contrastadas, como no Prepirinero, pois alí combínanse zonas boscosas, con campos de millo e moitas granxas de porcino; ou a zona Suroeste onde o porco Iberico campea parte do ano en proximadade aos jabalíes. Galicia e a Cornixa Cantábrica tamén rexistran densidades medias desta especie polo mesmo motivo, aínda que menor na zona costeira onde existen máis eucaliptais. O efecto destes hábitats menos favorables sobre a abundancia do xabaril analizarase en próximas actualizacións do mapa.

E en Europa as maiores concentracións rexístranse en zonas de bosque mediterráneo ou atlántico, combinadas con cultivos. Toda a franxa centroeuropea ao norte dos Alpes presenta unhas abundancias elevadas.

Cales son as medidas máis efectivas de control?
Medidas para frear a súa propagación ou reducir a súa poboación poderían ser limitar o seu acceso aos cultivos, como os campos de millo, pero na práctica é dífícil. Tamén se expuxo limitar a súa reprodución mediante a esterilización de exemplares, pero é pouco viable como unha ferramenta de uso masivo.

Por tanto, a medida máis eficaz é a redución das poboacións de xabaríns mediante a caza (xa sexa lúdica ou de xestión), actuando sobre todos os segmentos da poboación (aínda que a extracción dos exemplares con máis potencial reprodutivo, como femias novas pode dar mellores resultados).

O problema é que cada vez contamos con menos cazadores e máis envellecidos. É por tanto, un gran reto para a sociedade mellorar a valoración social do cazador, pois pola contra os problemas que xa padecemos van agravarse. De non ser así, teremos que recorrer a empresas profesionais de caza para reducir a sobrepoblación.

 “É inxenuo ver a natureza como algo idílico no que as especies se autoregulan”

É inxenuo ver a natureza como algo idílico no que as especies se autoregulan. Vivimos nunha paisaxe humanizada no que temos que xestionar as relacións entre as especies, considerando o factor humano, e en ocasións é necesario actuar mediante métodos letais.

Por último, o sector cinexético ten que mellorar a súa percepción social, facendo un esforzo por trasladar á sociedade a súa función e fomentar unha caza sustentable e creadora de riqueza e conservación do medio rural.

A este respecto, querería lembrar que a Universidade de Castela A Mancha, en colaboración co CSIC e o IREC, organiza un “Máster Universitario en Investigación Básica e Aplicada en Recursos Cinexéticos” no formamos a xestores da fauna silvestre con boas bases científicas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información