Santa Comba acolle a primeira carreira pedestre polas granxas

A cita celebrarase este domingo 21 de abril e pretende unir o deporte coa visibilización do sector gandeiro. O recorrido mesmo atravesará unha granxa e discorrerá por fincas de cultivo

Publicidade
Santa Comba acolle a primeira carreira pedestre polas granxas

Santa Comba (A Coruña) acolle este domingo, día 21 de abril, a primeira carreira pedestre “Nestlé Clásica Gandeira La Lechera”. Esta iniciativa busca unir o deporte coa visibilización do sector gandeiro, motor da Terra do Xallas. De feito, a propia presentación da proba celebrouse na explotación SAT Os Agros de Alvarín-Alón, nunha das estancias da granxa onde alimentan as vacas.

A cita contará con carreiras para nenos de diversas idades, unha proba de 3 quilómetros aberta á participación a partir de 14 anos, e outra de 10 quilómetros que busca ser das máis singulares de Galicia, xa que o recorrido realizarase a través de fincas de cultivo das ganderías da zona. Ademais, o trazado da proba tamén atravesará unha granxa en pleno proceso de produción, tal e como detallou na presentación o director deportivo da competición, Ezequiel Mosquera.

Na presentación, a concelleira de Deportes, Silvia Cancela, reivindicou a aposta municipal por un evento de primeiro nivel no mundo do atletismo en Galicia, e que para Santa Comba será unha proba de identidade propia, toda vez que a gandería é o sector que move todo o concello. Tamén a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, destacou o esforzo por dar a coñecer grandes valores para o municipio, neste caso no deporte e a visibilidade do traballo dos gandeiros xalleiros. “Esta carreira é un evento que debe consolidarse como propio e que a bo seguro nos fará sentir orgullosos”, apuntou a alcaldesa.

Pola súa partea, Edis Estévez, xefe de Abastecemento Lácteo de Nestlé – La Lechera da planta de Pontecesures, salientou que dende que o Concello de Santa Comba lle presentaron “un proxecto tan único e específico que relacionara o deporte e a gandería que decidiron apostar por apoiar o evento”, concreta. Estévez apuntou que precisamente a visibilidade da gandería de calidade da zona e o afán da proba en prestixiar ao produtor desta terra é un dos obxectivos que a iniciativa comparte coa compañía.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información