Resoltas as axudas de maquinaria agrícola en réxime asociativo, con 63 beneficiarios

Publicidade

Medio Rural vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución das axudas concedidas para a compra de maquinaria agrícola en réxime asociativo. Hai un total de 63 beneficiarios, principalmente cooperativas, Sats e Cumas (cooperativas de maquinaria agrícola), en tanto que quedaron 4 solicitudes denegadas.

A porcentaxe de apoio para a compra de maquinaria agrícola oscila entre o 35% do beneficiario que recibe menor subvención e o 50% do que máis, estando a maioría no 40%. O importe total das axudas achégase ós cinco millóns de euros.

Dos 63 beneficiarios, 29 son da provincia da Coruña, 18 de Lugo, 15 de Pontevedra e 1 de Ourense. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acudiu hoxe á cooperativa Aira (Taboada, Lugo), unha das beneficiarias das axudas, para facer balance das mesmas nun acto público cos medios de comunicación.

Aira recibirá unha cantidade de 300.000 euros para un investimento total de 614.000 euros para a compra dun tractor, un autocargador, dous cabezais de herba, un carro mesturador, unha macroempacadora, unha pala telescópica e unha segadora rotativa.

Os apoios da Xunta para a compra de maquinaria agrícola en réxime asociativo teñen o obxectivo de mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias, contribuíndo a súa modernización por medio da xestión conxunta da maquinaria precisa.

Axudas concedidas

axudas 1

axudas 3 pero 2

axudas 2

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información