Requisitos medioambientais para as explotacións gandeiras

Neste artigo, a empresa lucense Arza Ingeniería Agrícola explica os requisitos medioambientais a que están sometidos as explotacións gandeiras de nova creación ou que realizan reformas substanciais nas súas instalacións.

Requisitos medioambientais para as explotacións gandeiras

Fosa de xurro

Neste artigo dende Arza Ingeniería Agrícola imos explicar breve e practicamente algúns dos requisitos medioambientais a que están sometidas as explotacións gandeiras de nova creación ou que realizan reformas substanciais nas súas instalacións.

A Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, regula a Evaluación de Incidencia Ambiental.

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é o organismo competente nesta materia.

As explotacións que se creen de novo ou que realicen modificacións sustancias nas súas instalacións e teñan mais dos animais que se indican a continuación están sometidos a Evaluación de Incidencia Ambiental (autorización da Consellería de Medio Ambiente):

Catálogo de actividades sometidas a incidencia ambiental: 
Instalacións de gandaría intensiva coas seguintes capacidades:
a) Entre 1.000 e 40.000 prazas de galiñas poñedoras.
b) Entre 1.000 e 55.000 prazas de polos.
c) Entre 50 e 2.000 prazas de porcos de engorde.
d) Entre 25 e 750 prazas de porcos de cría.
e) Entre 50 e 300 prazas para vacún de leite.
f) Entre 75 e 600 prazas para vacún de cebo.
g) Entre 1.000 e 20.000 prazas para coellos.

As explotacións, cada vez máis numerosas, que superen as dimensións descritas, están sometidas a Estudio de Impacto Ambiental Ordinario ou Simplificado ou a Autorización Ambiental Integrada.

Na páxina web www.cmati.xunta.es/medio-ambiente-e-sostibilidade, no apartado do impacto ambiental de proxectos, pódese consultar a Guía para a Realización do Plan de Xestión de Dexeccións Gandeiras e Fertilización, a cal é a base para a realización do Plan de Abonado, dado que todas as explotacións que esteñan sometidas a incidencia ambiental teñen que presentar unhas táboas de abonado xunto co proxecto todos os anos, no mes de abril.
Nesta guía tamén se indican as capacidades mínimas das fosas de xurro, esterqueiras e superficie necesarias para esparcir os xurro.

Tendo en conta dito manual analizamos a continuación de forma práctica os tipos de explotacións gandeiras máis habituais en Galicia, para extraer conclusións respecto á produción de xurro e/ou esterco e a superficie agrícola necesaria para a súa xestión.

VACÚN DE LEITE

a) Sistema de manexo do xurro:
O gando vacún leiteiro estimase que produce 26 m3 de xurro ó ano por UGM (Unidade de Gando Maior).
Esta norma obriga a ter unha fosa que permita o almacenamento do xurro durante 6 meses, polo tanto necesítanse 13 m3 de fosa de xurro por UGM, con cuberta para evitar auga da choiva.

Exemplo: explotación tipo con 100 UGM totais. Calcúlase unha produción de xurro de 2.600 m3 ó ano, o que require dunha fosa de xurro de polo menos 1.300 m3.

Neste caso, para absorber o xurro producido necesitaríamos, por exemplo, 10 Has de millo, 10 has de pradeira de menos de 5 anos e 20 has de pradeira de mais de 5 anos

b) Sistema de manexo do esterco:
O gando vacún leiteiro estimase que produce 20 Tm de esterco ó ano por UGM. Esta norma obriga a ter unha esterqueira que permita o almacenamento do esterco 6 meses, o que se traduce en 12,5 m3 de esterqueira por cada UGM, con cuberta. Estas esterqueiras, deben contar cunha fosa de lixiviados cunha capacidade mínima de 0,10 m3 por m2 de superficie de esterqueira.

Exemplo: explotación tipo con 100 UGM totais. Calcúlase unha produción de esterco de 2.000 Tm ó ano, o que require dun estercoleiro de polo menos 1.250 m3 e que dispoña de cuberta.
Neste caso necesitaríamos 48 Has de prado de máis de 5 anos para o abonado.

VACÚN DE CARNE

a) Sistema de manexo xurro:
O gando vacún de carne adulto estímase que produce 20,08 m3 de xurro ó ano por UGM. Para o vacún de cebo ata os 12 meses de idade estimase unha produción de esterco de 3,65 Tn/xato (0,60 UGM) e se contemplamos o período ata os 24 meses de 10,95 Tn/xato (0,60 UGM).
A norma obriga a ter unha fosa que permita o almacenamento do xurro 6 meses, polo tanto necesitase 10 m3 de fosa de xurro por UGM, con cuberta para evitar auga da choiva

Exemplo: explotación tipo con 100 UGM totais, calcúlase unha produción de xurro de 2.008 m3 ó ano, o que require dunha fosa de xurro de polo menos 1.004 m3 dividida en 2 compartimentos e que dispoña de cuberta.
Neste caso necesitaríamos 48 Has de prado de máis de 5 anos para o abonado.

b) Sistema de manexo esterco:
O gando vacún de carne estimase que produce 20 Tm de esterco ó ano por UGM.
Esta norma obriga a ter unha esterqueira que permita o almacenamento do esterco 6 meses, o que se traduce en 12,5 m3 de esterqueira por cada UGM, con cuberta. Estas esterqueiras, deben contar cunha fosa de lixiviados cunha capacidade mínima de 0,10 m3 por m2 de superficie de esterqueira.

Exemplo: explotación tipo con 100 UGM totais. Calcúlase unha produción de xurro de 2.000 Tm ó ano, o que require dun estercoleiro de polo menos 1.250 m3 e que dispoña de cuberta.
Neste caso necesitaríamos 48 Has de prado de máis de 5 anos para o abonado. Igual que no caso do vacún de leite.

PORCINO DE CEBO

O volume de xurro xerado por cada porco de 20 a 100 kg estímase que é de 2,15 m3 por praza e ano.
O volume de fosa de xurro necesaria para 6 meses sería de 1,075 m3 por praza, cuberta para evitar a auga de choiva.

Exemplo: explotación tipo con 1.000 prazas de porcos de cebo. Calcúlase unha produción de xurro de 2.150 m3 de xurro ó ano, o que require dunha fosa de xurro de polo menos 1.075 m3 e que dispoña de cuberta. Os canles non se teñen en conta para o almacenamento.

As hectáreas necesarias nestes casos solen ser moi elevadas, dado que son parcelas que polo xeral son de gandeiros que xa teñen na súa propia explotación e polo tanto hai que ter en conta a produción de xurro do seu gando.

Neste tipo de explotacións é bastante habitual presentar un contrato dun recolledor de xurros en vez de presentar superficie. Neste caso necesitaríamos 122 Has de pradeira de mais de 5 anos para o abonado

POLOS DE CEBO

Estimase que producen 0,0135 Tn de esterco o ano cunha densidade de 0,80 Tn/ m3 e que cada animal se corresponde con 0,007 UGM.

Neste tipo de explotación soen ter uns problemas para a aplicación do esterco similares as explotacións de porcino.

Exemplo: explotación tipo con 30.000 prazas de polos de cebo. Calcúlase unha produción de esterco de 405 tn de esterco ó ano, o que require unha esterqueira de polo menos 253 m3 e que dispoña de cuberta.

As hectáreas necesarias nestes casos soen ser moi elevadas, dado que son parcelas que polo xeral son de gandeiros que xa teñen na súa propia explotación e polo tanto hai que ter en conta a produción de xurro do seu gando.

Neste tipo de explotacións é bastante habitual presentar un contrato dun recolledor de residuos en vez de presentar superficie.

Neste caso necesitaríamos 75 Has de pradeira de mais de 5 anos para o abonado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información