Recomendacións para a correcta aplicación de raticidas nas explotacións agrogandeiras

A empresa galega Impex Europa, líder en España en venda de raticidas como Ratibrom, ofrece unha guía de boas prácticas para a correcta aplicación destes produtos

Recomendacións para a correcta aplicación de raticidas nas explotacións agrogandeiras

Os roedores transmiten enfermidades ao gando e aos humanos

Impex Europa S.L., empresa galega líder en España e Portugal en fabricación e venda de raticidas, tanto para uso profesional como doméstico, con marcas de gran prestixio como Ratibrom, ofrece aos usuarios unha guía de boas prácticas para a correcta aplicación destes produtos.

Os roedores, principalmente a rata común (Rattus norvegicus), a rata negra (Rattus rattus) e o rato doméstico (Mus musculus) son pragas graves que afectan tanto á agricultura en campo aberto, explotacións gandeiras e contornas edificadas de todos os países da UE. Así, entre outros danos, estes roedores non só transmiten enfermidades a humanos (Leptospirose, salmonelose, toxoplasmose, listeriose..) senón tamén a animais, así como consomen e deterioran os produtos alimentarios para humanos e para animais.

Contaminación e deterioración de comida e pensos para animais

Por iso, a adopción das boas prácticas de uso de raticidas por parte de todos aqueles que os empregan é básico para un uso sustentable. A mala praxe non só pon en risco a saúde humana e animal, así como o medio ambiente, senón que provoca que a xestión de pragas de roedores non sexa eficaz. Así, segundo explican desde Impex Europa “cando os anticoagulantes dos raticidas aplícase incorrectamente, increméntase a severidade da resistencia dos roedores e propágaa”.

Punto de partida: utilización de portacebosportacebos_impex_01_standar

Para conseguir un control efectivo e duradeiro dos roedores desde Impex Europa SL lembran que é necesaria unha boa planificación, contando o medio ambiente onde se vai a aplicar.

Por outra banda, a normativa da Unión Europea esixe o uso de portacebos cos raticidas. Os portacebos serven para protexer o raticida da humidade, po e choiva, así como ofrece un espazo onde os roedores se senten seguros e se alimentan, evitando desta forma o consumo de cebo por especies non obxectivo, como cans ou gatos. Ademais, o portacebos evita o contacto dos nenos co cebo e facilita a monitoraxe.

Algúns consellos para mellorar a aplicación dos raticidas

Desde Impex-Europa ofrecen as seguintes recomendacións para a correcta aplicación dos raticidas:

-Sempre que sexa posible os cebos deben estar fixados no interior do portacebos de forma que se evite que o animal o transporte. Existen modelos con peche de seguridade e soporte para fixar o cebo. Convén que teñan dous orificios duns 6 cm. de diámetro, de forma que permita o libre acceso dos roedores ao seu interior e evita o acceso a especies non obxectivo.

-Os portacebos deben distribuírse por todo a área a desratizar, dándolle prioridade ao perímetro da propiedade e as zonas de maior probabilidade de paso polos roedores. Os roedores adoitan camiñar pegados ás paredes así que é recomendable que os portacebos situémolos preto delas. Dispoñer os cebos de forma aleatoria é unha perda de tempo e diñeiro, xa que os roedores raramente se apartan do seu camiño habitual.

-Para obter os mellores resultados, os portacebos deben ser colocados cunha distancia entre se de 5 a 10 metros no caso dunha infestación de ratas ou de 2 a 5 metros no caso do rato común.

-Para os anticoagulantes de 2ª xeración, onde basta unha única toma de veleno, recoméndanse pequenas cantidades con renovacións cada 3-4 días ata que se vexa que se deixa de consumir. Na fase de mantemento (despois de alcanzar o control) as visitas aos puntos de control non teñen que ser tan frecuentes como na fase de ataque.

-A mellor forma de avaliar os resultados dunha desratización é monitorar e rexistrar regularmente os consumos en cada posto ao longo da desratización. É raro atopar cadáveres xa que cando empezan a ter síntomas refúxianse en zonas seguras.

-Os portacebos onde non se verifiquen consumos semana tras semana deben ser recolocados en zonas máis activas.

-Nos casos en que a pesar da presenza confirmada de roedores, os consumos non se inicien no prazo de dúas a tres semanas (período inicial en que a ausencia de consumos pode ser xustificada polo comportamento de neofobia, característico das ratas) deberá substituírse o cebo utilizado por outro máis atractivo e garantir que foron implementadas todas as medidas posibles para limitar o acceso dos roedores e outros alimentos.

-Manipular sempre o material utilizado para desratizar (portacebos, cebos e trampas) con luvas para non comunicar cheiros que poidan provocar a desconfianza dos roedores.

-Non mesturar o raticida con ningún produto.

-Non comer, beber ou fumar durante a manipulación dos rodenticidas, portacebos ou outros materiais de risco.

-Non colocar o produto xunto a cursos de auga para evitar a respectiva contaminación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información