Recomendacións básicas para previr accidentes no tractor

Recomendacións básicas para previr accidentes no tractor

As envorcaduras son a causa máis frecuente de sinistros mortais con tractores

A Xunta de Galicia e a Delegación do Goberno de Galicia veñen de poñer en marcha a campaña “Prevención de riscos no tractor” co obxectivo de reducir a sinistralidade neste ámbito con especial atención no rural.

A través de 32.500 trípticos a campaña informa das medidas de prevención en catro puntos críticos nos que se solen concentrar os accidentes de tractor: seguridade viaria, a protección da toma de forza e do eixo cardánico, as proteccións do tractor fronte a envorcadura e medidas contra a envorcadura.

Protección da toma de forza (tdf) e do eixe cardánico:

Dispoñer dos elementos de protección (Protector da tdf, protector do eixe cardánico e protector das xuntas cardán) en bo estado e colocados axeitadamente.

Enganchar o eixe cardánico coa tdf desconectada, o motor apagado e a chave de arrinque do tractor sacada.

-Non levar roupa frouxa nin o pelo solto, non permanecer próximo á toma de forza e ao eixe cardán en movemento

-Non subir ao tractor apoiándose na coiraza protectora, nin ir subido nela co tractor en marcha.

-Antes de baixar do tractor, desacoplar a tdf, poñer o tractor no punto morto, accionar o freo de estacionamento, apagar o motor e retirar a chave do contacto, sempre que sexa posible.

Proteccións do tractor fronte á envorcadura:

Dispoñer de estrutura homologada de protección (cabina, pórtico ou bastidor).

-Empregar o cinto de seguridade cando o tractor dispoña de estrutura homologada de protección.

-Realizar un mantemento axeitado das proteccións.

Medidas fronte á envorcadura:

-Extremar as precaucións en camiños en mal estado e circular a velocidade axeitada.

-En pendente extremar as precaucións.

Non efectuar viraxes bruscas, principalmente se se vai cun apeiro arrastrado (remolque, cisterna de xurro, etc).

-Non forzar o tractor se existe resistencia ao avance.

Non retirar parafuso de roturados arados, e se é necesario retiralo, introducir outro de iguais características.

Abater as estruturas de protección (exemplo: pórtico) só nos casos imprescindibles (invernadoiros, baixo árbores, etc) e sempre cun manexo adecuado e seguro.

-Seleccionar adecuadamente os apeiros que se vaian enganchar ao tractor.

-Empregar o peche do bloqueo dos freos en circulación e transporte, co fin de pisar os freos simultaneamente.

Se se produce unha envorcadura, o condutor permanecerá dentro do tractor e agarrarase fortemente ao volante ou a algunha asa. Nunca saltar cara ao exterior.

Seguridade viaria:

-Os vehículos agrícolas que circulen polas vías públicas estarán homologados e matriculados.

-Permiso de conducir: con carácter xeral requírese o permiso Clase B ou licenza de condución (idade mínima 16 anos) cando a masa ou as dimensións dos vehículos agrícolas non excedan as máximas autorizadas; e a velocidade máxima por construción non exceda de 45 km/h.

-ITV: Os tractores novos están exentos de pasala os 8 primeiros anos; e pasa a ser bienal de 8-16 anos, e anual a partir dos 16 anos. Excepto motocultores, motoazadas …etc, nos que non é obrigatoria a ITV.

-Os tractores deben cumprir as normas de circulación: velocidade axeitada, sinalización da máquina diúrna e nocturna, etc.

-Respectar o número máximo de pasaxeiros do vehículo indicado polo fabricante.

-Dispoñer dos elementos de seguridade viaria obrigatorios e en bo estado: espello retrovisor esquerdo, sinalización luminosa: xifaro (V-2) e limitación de velocidade (V-4), etc.

-Na vía pública, de ser o caso, levar a máquina en posición de transporte.

Descarga aquí o tríptico da Campaña de Prevención de Riscos no Tractor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información