Querella pola coordinación da Sanidade Vexetal en Pontevedra

A Asociación de Ingenieros Agrónomos del Estado denuncia que a persoa responsable da materia carece da titulación precisa para o desempeño do posto

Publicidade
Querella pola coordinación da Sanidade Vexetal en Pontevedra

O control da entrada de pragas foráneas, como a tuta no tomate, é responsabilidade de Sanidade Vexetal.

A designación dunha coordinadora de Sanidade Vexetal en Pontevedra, dependente da Subdelegación do Goberno, centra unha querella da Asociación de Ingenieros Agrónomos del Estado. Este colectivo anuncia en nota de prensa que vén de presentar unha querella polos presuntos delitos de falsidade documental e uso dunha certificación falsa para acceder ó posto de coordinadora de Sanidade Vexetal.

A Asociación sinala na súa querella que para acceder á praza, a hoxe coordinadora tería presentado documentación supostamente acreditativa da súa “experiencia en aplicación de lexislación comunitaria e nacional en funcións de inspección e control fitosanitario de vexetais e produtos vexetais en réxime de importación e exportación”, cando en realidade “podería ser que nunca tivera o recoñecemento preciso para realizar controis fitosanitarios nin traxectoria profesional na materia, aportando documentos acreditativos falsos”.

O colectivo sostén que a actual coordinadora carece da titulación universitaria precisa para facer inspeccións de Sanidade Vexetal. A Asociación culpa tamén á Administración de mirar para outro lado, pois sostén que foi coñecedora do asunto logo de ter adxudicada a praza en marzo do 2018.

O corpo de enxeñeiros agrónomos do Estado lembra, por último, a importancia dos controis en fronteira (portos, aeroportos, etc.) para evitar a entrada de pragas e enfermidades vexetais procedentes doutros países.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información