¿Qué temos que ter en conta cando temos cans mastíns para a protección do gando?

Dende Beealia analizan a situación dos gandeiros que teñen mastíns para a protección do gando no referente á repercusión da nova lei de animais domésticos

¿Qué temos que ter en conta cando temos cans mastíns para a protección do gando?

Mastín cun rabaño de ovellas. Foto: Beealia

O pasado 11 de outubro publicouse a “LEI 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia”. Despois de varias consultas de parte dos gandeiros e gandeiras, o traballo dos técnicos de Beealia e as aclaracións da Consellería de Medioambiente, dende Beealia pensamos que debéramos aclarar esta nova situación de cara aos gandeiros.

En concreto analizaremos a nova situación dos cans mastíns nas explotacións de gando sobre a compra, tenza e cría e venta dos mastíns de protección.

1) Adquisición de Mastíns:

A nova lei establece que os únicos autorizados para a venta de cans son as tendas e os criadores e ámbolos dous deben estar rexistrados na Consellería. Cadel@s ou cans deben estar en bo estado sanitario (desparasitacións e vacinacións ao día) e deben estar identificados co chip.

2) Tenza de Mastíns:

O primeiro que hai que ter en conta dos cans de protección do gando é que os Mastíns, nas súas diferentes razas (leonés ou español, dos pirineos, gos de muntanya dels pirineus ou can de castro laboreiro), non son animais potencialmente perigosos.

A nova lei aclara que ningún dos animais destas razas pode ser considerado como can potencialmente perigoso. Unicamente podería considerarse coma tal un exemplar concreto que mostrara unha agresividade manifesta (como calquera outro can de calquera outra raza). Neste senso, dende a Consellería recomendan que na identificación dos cans de protección do gando debe estar identificado o seu uso “de pastoreo” en vez de “garda e custodia”. Iso clarificará a súa identificación e o seu uso gandeiro.

Outra das novidades na tenza de Mastíns é que se se teñen máis de 5 cans maiores de 3 meses débese comunicar á Delegación territorial da Consellería a súa posesión.

Para facelo débese entregar o seguinte documento:

http://cmaot.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=445347&name=DLFE-44434.pdf

Este modelo deberá ir acompañado dunha memoria explicativa das condicións de aloxamento dos citados animais. Esta memoria poderá descargala igualmente no seguinte enlace :

http://cmaot.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=444682&name=DLFE-44828.pdf

3) Cría de Mastíns:

Calquera gandería, independentemente do número de cans que posúa, se quere nalgún momento vender eses cans debe darse de alta no Rexistro Galego de Núcleos Zoolóxicos (REGANUZ). Dende Beealia realizamos tódolos trámites para ese rexistro, tanto os informes técnicos como os veterinarios.

No referente aos requisitos xerais dos Núcleos Zoolóxicos:

De acordo co establecido no artigo 29 do Decreto 153/1998, do 2 de abril, os requisitos que deben cumprir as canceiras, con independencia do número de cans que dispoñan:

– Ser estancos con respecto ao medio exterior.

– Dispor dunhas adecuadas condicións de ventilación e iluminación.

– Reunir as condicións hixiénicas establecidas para o tipo de instalacións de que se trate.

– Ter unhas dimensións apropiadas que permitan a estadía cómoda do animal.

– Dispor de cerramentos ou outros mecanismos que, sen producírenlles danos ou molestias físicas, eviten as fugas.

– Dispor dun espazo apropiado para o exercicio dos animais.

– Dispor de subministración de auga potable, dun sistema para a limpeza e dun sistema de evacuación das augas residuais.

 Asemade, deberán cumprir co artigo 36 da Lei 4/2017:

· Localización apropiada, co illamento adecuado, que evite o posible contaxio de enfermidades ou de animais estraños ao establecemento.

· Construcións, instalacións e equipamentos que proporcionen un ambiente hixiénico, protexan de posibles riscos aos animais e faciliten a aplicación de medidas zoosanitarias.

· Recintos, locais ou gaiolas de fácil lavado e desinfección para o illamento, secuestro e observación dos animais enfermos ou sospeitosos de enfermidade.

· Medios apropiados para a limpeza e a desinfección dos locais, material e utensilios en contacto cos animais e se é o caso, dos vehículos utilizados no transporte seu, cando este se precise.

· Medios apropiados para a destrución ou eliminación hixiénica de cadáveres dos animais e materias contumaces.

· Programa definido de hixiene e profilaxe para os animais albergados, proposto por un facultativo veterinario.

· Programa de manexo adecuado para que os animais se manteñan en bo estado de saúde, supervisado por un facultativo veterinario.

Para elo debe presentar a seguinte documentación (artigo 37):

1- A solicitude, segundo o modelo vixente que pode descargar neste enlace:

http://cmaot.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=445347&name=DLFE-44436.pdf

Para obter a correspondente autorización e a súa correlativa inscrición no Rexistro deberá dirixirse á persoa titular da xefatura territorial da Consellería Medio Ambiente e Ordenación do Territorio correspondente.

2- Memoria técnica ou, nos eu caso, proxecto técnico asinado por un técnico competente, que conteña unha memoria descritiva e/ou planos ou bosquexos que describan:

Localización ou emprazamento.

Situación e distribución das construcións, locais e dependencias e os seu accesos.

Especialmente a localización da zona de illamento e observación dos animais enfermos ou sospeitosos de enfermidade (lazareto).

Sistema para a eliminación de esterco, xurro e augas residuais, características da fosa séptica e permisos pertinentes, no seu caso.

Peche perimetral, materiais utilizados.

Subministro de auga.

3- Informe zoosanitario, que deberá estar asinado por un veterinario, e deberá conter:

– Programa de manexo axeitado para que os animais manteñan un bo estado de saúde, detallado para cada especie e grupo de idade.

– Programa definido de hixiene e profilaxe para os animais aloxados, detallado para cada especie e grupo de idade, concretando prazos e principios activos.

– Protocolo de limpeza e desinfección de locais, materiais e utensilios en contacto cos animais. Tamén en vehículos no caso de ser utilizados. Indicando principios activos, métodos, materiais e prazos concretos. Sistema/protocolo de desinfección, desratización e desinsectación.

4- Documentación pertinente que acredite o indicado en cada un dos requisitos establecidos, e principalmente a declaración para a eliminación hixiénica dos cadáveres conforme ao Regulamento (CE) nº 1774/2002 do Parlamento Europeo, de 3 de outubro.

5- Resgardo de ter pagadas as taxas para a autorización dun núcleo zoolóxico.

Cod. Taxa

Concepto

Importe (€)

30.34.02

Autorización de establecementos de animais domésticos e salvaxes en catividade

48,48

A gandería La Cabreta, en Meira (Lugo), que dispón de 5 Mastíns Leoneses adultos, está xa a tramitar dita autorización e conta en breve con poder ofertar cans de protección do gando procedentes de liñas de traballo, con pais traballando día e noite e adaptados ás condicións climáticas galegas.

Máis información:

A Consellería de Medio Ambiente organiza para este mes de maio en Santiago unhas Xornadas informativas sobre a Lei de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia. Descarga aquí o programa e a ficha de inscrición.

Una idea sobre “¿Qué temos que ter en conta cando temos cans mastíns para a protección do gando?

  1. Miguel

    Esta lei é de benestar, pero doutro tipo, de benestar…do de criadores e funcionarios.
    O mínimo que se pode decir dela é que quen a redactou descoñece por completo o tipo de traballo e modo de vida dos cans mastíns.
    Se no regulamento non o arranxan, acabaremos como en tantas outras cousas… fomentando o xusto o que se quere protexer, cunha lexislacion absurda que pretende pechar en canceiras de formigón e arame (gaiolas) animais que viven día e noite en grandes extensións.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información