Publicado o novo regulamento europeo da produción ecolóxica

Publicado o novo regulamento europeo da produción ecolóxica

Tras máis de catro anos de intensas negociacións, acábase de publicar no Boletín Oficial do Estado o novo Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello sobre a produción ecolóxica, tamén chamado orgánica ou biolóxica, e a etiquetaxe dos produtos ecolóxicos (Regulamento (CE) nº 2018/848).

Como obxectivos principais deste novo regulamento, que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2021, atópase favorecer a harmonización do modelo de produción da Unión Europea, mellorar a libre competencia entre os produtos europeos e os de terceiros países, previr a posibilidade de fraude e aumentar a confianza do consumidor de produtos ecolóxicos, ademais de clarificar algúns aspectos técnicos. Ao mesmo tempo, dótase ao sector dun ámbito de aplicación máis completo que o actual.

Novidades do regulamento

Entre as novidades do regulamento está o aumento do ámbito de aplicación da norma, coa inclusión de novos produtos como o sal, cortiza, cera de abella, herba mate, capullos de seda, gomas e resinas naturais, aceites esenciais, algodón e la sen cardar e peitear, ou preparacións vexetais tradicionais a base de plantas. Tamén aborda novas normas de produción para coellos, cérvidos e aves.

Así mesmo, foméntanse os circuítos curtos de distribución e as producións locais nos territorios da Unión, refórzase o concepto de “produción ligada ao solo” e promóvese o uso de novos materiais de reprodución vexetal ecolóxicos, así como de razas de animais cun alto grao de diversidade xenética, resistencia ás enfermidades e lonxevidade.

Tamén se inclúe a posibilidade de que os pequenos produtores europeos poidan acollerse á certificación de grupo.

Un dos aspectos máis relevantes é o establecemento dun novo marco para o comercio con terceiros países que, ademais de abordar por primeira vez as exportacións, establece como norma xeral o sistema de cumprimento, que garante que o produto a importar desde un terceiro país tivo que ser producido conforme á normativa europea, co que se restrinxe o modelo de equivalencia ao marco dun acordo comercial.

Durante os próximos dous anos vanse a debater e elaborar en Bruxelas os Regulamentos de desenvolvemento específicos deste novo Regulamento 2018/848.

Estratexia para a produción ecolóxica 2018-2020

Neste contexto, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación veu preparándose para esta nova etapa a través da Estratexia para a Produción Ecolóxica 2018-2020 que inclúe diversas actuacións para mellorar o coñecemento do produto ecolóxico e o seu método de produción, ao obxecto de mellorar o consumo interno e a comercialización.

Entre as actuacións desenvolvidas atópanse as xornadas informativas, celebradas o pasado 5 e 6 de xuño dirixidas á distribución, comercialización e consumidores, sobre aspectos de control, etiquetaxe e normativas relacionadas cos detallistas e comercializadores de alimentos e bebidas ecolóxicos.

A Estratexia para a Produción Ecolóxica aborda así mesmo outros aspectos cruciais como a recente consecución de tres normas UNE sobre insumos de uso en produción vexetal ecolóxica. Tamén propiciou o estudo do papel da produción ecolóxica no medio ambiente e a adaptación ao cambio climático.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información