Publicadas as axudas concedidas por plans de mellora a 692 gandeiros e agricultores

Publicadas as axudas concedidas por plans de mellora a 692 gandeiros e agricultores

O sector lácteo copa a maior parte destas axudas

O Diario Oficial de Galicia publica este martes a resolución da Consellería do Medio Rural coas axudas concedidas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, coñecidas como plans de mellora. En total, foron 692 os beneficiarios desta liña de achegas, por un montante total de 40 millóns de euros.

Estas subvencións, que están cofinanciadas nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, teñen como obxectivo mellorar a estrutura produtiva das explotacións galegas para avanzar na consecución dun adecuado dimensionamento e un correcto equilibrio dos factores de produción das granxas agrarias.

Os sectores máis beneficiados por estas axudas seguen a ser os de vacún de leite e de carne, que representan o 42% e 28% das resolucións aprobadas, respectivamente, seguidos do avícola e o porcino. A axuda media por expediente ascendeu a uns 57.700 euros, subvencionando así o 40% dos custes elixibles, incrementándose nalgúns casos ata un máximo do 60%.

Nesta convocatoria déuselle prioridade ás explotacións que, entre outras características, incorporaran ou tiveran incorporado nos 5 últimos anos un agricultor mozo, as que crearan novas unidades de traballo agrario, as que presentaran solicitude de axuda para proxectos innovadores ou integrados, as que tiveran a condición de explotación prioritaria, as explotacións de montaña e ecolóxicas e ás de titularidade compartida.

Consulta aquí o listado completo de beneficiarios. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información