Publicada a lista dos 4.065 beneficiarios das axudas agroambientais

Publicada a lista dos 4.065 beneficiarios das axudas agroambientais

Un total de 4.065 persoas beneficiáronse en Galicia das axudas de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica correspondentes á campaña de 2018 da Política Agrícola Común (PAC). Estas achegas sumaron 15,6 millóns de euros, que se aboaron nos meses de xuño e xullo do presente ano 2019.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a correspondente resolución do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organismo pagador dependente da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade á relación de beneficiarios e importes destas axudas.

A convocatoria destas subvencións publicárase no mes de febreiro de 2018 a través dunha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se regulaba a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, no marco da PAC.

Os beneficiarios terán a disposición o detalle da resolución accedendo ao Portal de axudas PAC na web https://portal-sgapac.xunta.gal/ Neste sentido, fontes do sector critican a dificultade dos gandeiros para acceder a esta información a través deste portal. Se os beneficiarios non dan conseguido acceder a esta información a través do ceritificado dixital, poden acudir ás oficinas agrarias comarcais, onde lles facilitarán as cartas coa resolución da Consellería. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información