Programa de formación da EFA Fonteboa: Reprodución bovina, implantación de pradeiras ou xestión do persoal

Publicidade
Programa de formación da EFA Fonteboa: Reprodución bovina, implantación de pradeiras ou xestión do persoal
Data inicio: 15/10/2018
Data fin: 19/12/2018
Lugar: Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa, Coristanco, España

O Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa ven de facer público o seu programa de formación continúa para os próximos tres meses. As actividades están dirixidas aos alumnos de CFGM de “Produción Agropecuaria” e CFGS de “Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal”, pero tamén están abertas á participación doutras persoas interesadas nos respectivos temas. Para máis información chamar ao Tlf: 981733051.

15 de outubro: Curso de Reprodución Bovina

Previsto para os días luns 15, martes 16 e mércores 17 de Outubro en horario de 10,00 a 17,00 h. O transplante de embrións, a inseminación artificial e o da reprodución serán os temas a tratar. Colaboran os Servizos Técnicos de Feiraco, Embriovet e gandarías da zona. Dirixido preferentemente aos alumnos de 1º do CFGS de GASA

Do 6 ao 17 de novembro: Actividades de Micoloxía

Na semana do 6 ó 9 de Novembro os alumnos de ESO e de FP terán a oportunidade de iniciarse no mundo dos cogumelos. Haberá explicacións teóricas e roteiros de identificación e recollida.

En colaboración coa Asociación Castaño e Nogal o venres 9 de novembro pola tarde e o sábado10, terán lugar as “Xornadas micolóxicas de Quintá de Cancelada” (Becerreá). Inclúen roteiro, xantar e visitas ao patrimonio etnográfico e cultural.

E para o venres 16 e o sábado 17 o está programadas actividades en Fonteboa: venres pola tarde charlas e sábado pola mañá roteiro , clasificación e degustación.

7 novembro: Formación en Cicapis (Centro de Investigación, Capacitación e Promoción Apícola)

Xa está a funcionar o Cicapis, un proxecto para a promoción e divulgación da apicultura na comarca de Bergantiños, un investimento subvencionado por Agader.

Está instalado un apiario didáctico e un laboratorio dotado con materiais para obradoiros e investigación en apicultura. De momento estanse a desenvolver actividades como a esmelga e análise dos meles.

A partir do 7 de novembro desenvolverase o “Programa integral de formación en apicultura”que terá lugar os mércores de 19,00 a 21,00 h. O programa está estruturado en 4 módulos: Módulo I (Introdución á apicultura, fundamentos biolóxicos e o mel), Módulo II (Mantemento e preparación das colmeas) Módulo III (O colmear na primavera, formación de núcleos e cría de raíñas) e Módulo IV (Outros produtos da colmea e defensa do colmear).

As inscricións poden ser por módulos ou polo programa completo.

21 de novembro: Xornada de implantación de pradeiras

Prevista para o mércores 21 de Novembro. Trataranse cuestións como a agricultura de precisión aplicada ao manexo das pradeiras. Pola mañá, ponencias (sementes, fertilización e sementeira de pradeiras) e pola tarde, estudo dun caso práctico.

24 de novembro: Xantar Solidario 2018 “O COCIDO DOS NOSOS LARES”

Previsto para o sábado 24 de Novembro. Ao igual que en edicións anteriores, preténdese promocionar os produtos agroalimentarios locais e fomentar a solidariedade. Colaboran empresas da zona e a recadación vai destinada ao apoio de proxectos educativos impulsados por AIMFR (Asociación Internacional de Movementos Familiares de Formación Rural) e outras entidades de atencións sociais.

26 de novembro: Acreditación en Benestar Animal

Do luns 26 ao venres 30 de novembro realizarase un curso que acreditará a formación en esta materia para persoal de granxas, matadoiros e centros de concentración así como para o transporte de animais vivos. O curso realizarase en horario de mañá.

19 de decembro: Xornada de Xestión “Análise dos recursos Humanos na gandaría”

Programada para o mércores 19 de decembro e versará sobre a xestión dos recursos humanos nas granxas de leite. Haberá ponencias sobre protocolos de traballo, competencias, habilidades e actitudes dos xestores e traballadores das granxas. Complementarse cunha visita técnica e traballo de grupo sobre os temas da xornada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información