Preséntase Moexmu 2018, a mostra agrogandeira da Terra Chá

Preséntase Moexmu 2018, a mostra agrogandeira da Terra Chá

O responsable de Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal Baamonde; o alcalde de Cospeito, Armando Castosa Alvariño, e o presidente da Comisión Organizadora, Constantino Vila, xunto a outras autoridades, presentaron este luns a XXXIV Mostra de Exposición de Muimenta (MOEXMU), coa que colabora o organismo provincial con 8.000 euros, converténdose no principal patrocinador. Este ano, terá lugar entre o 6 e o 8 de abril no recinto ‘Manuel Vila’ de Muimenta, en Cospeito.

Vidal Baamonde apuntou que “volcámonos unha vez máis coa MOEXMU por tratarse dunha das citas gandeiras máis importantes xa non só da provincia, senón do país, e dentro da nosa aposta por unha Deputación co medio rural”. Trátase dunha cita que move a máis de 15.000 visitantes e na que se xeran, de media uns beneficios de entre 2 e 4 millóns de euros, tanto polas poxas de animais como pola comercializaron maquinaria agrogandeira.

Moexmu move máis de 15.000 visitantes

MOEXMU, que xurdiu no ano 1985, é todo un referente na provincia e máis alá da mesma, xa que nela participan profesionais doutras comunidades, como Asturias e Castela León. Trátase dun dos mellores escaparates do sector primario pola cantidade e calidade dos animais, maquinaria e produtos autóctonos.

Nesta edición haberá máis de 100 cabezas de gando, cun valor superior aos 300.000 euros, procedentes de todas as provincias galegas, así como de Asturias, León, Salamanca ou Madrid, entre outras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información