Os fabricantes galegos de pensos celebran o seu 40 aniversario

Os fabricantes galegos de pensos celebran o seu 40 aniversario

O presidente da Xunta durante a cea de celebración dos 40 anos de AGAFAC

A Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac) celebrou este xoves o seu 40 aniversario cunha cea en Santiago de Compostela á que acudiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Medio Rural, José González.

Os actos conmemorativos do 40 aniversario finalizarán este venres, coa celebración do VIII Foro Galis 2018, que reunirá a máis de 170 representantes da industria alimentaria de Galicia. A seguridade alimentaria e como incorporar a industria 4.0 ás fábricas e explotacións gandeiras centrarán a xornada, onde participarán destacados expertos.

Xunta e Agafac colaboran nun estudo sobre alimentación animal

Durante a súa intervención esta noite na cea de aniversario, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou que a Administración autonómica e Agafac están a colaborar nun estudo sectorial sobre alimentación animal, que permitirá definir liñas de mellora e seguir acadando producións saudables.

Nesta liña, destacou o programa de seguridade alimentaria Galis Galicia Alimentos Seguros, unha iniciativa elaborada por Agafac e adaptada á realidade galega, á que están subscritas 55 fábricas, é dicir, o 96% do total do penso producido na Comunidade. Ademais da colaboración a través dun convenio asinado entre Xunta e Agafac, en 2015, para o desenvolvemento de medidas que minimicen a contaminación cruzada nas fábricas.

Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta recordou que Galicia é a quinta comunidade que máis penso produce, chegando en 2017 aos máis de 2,8 millóns de toneladas de pensos destinados a animais de abastos, un 8,36% do total nacional.

No que se refire á produción de pensos para bovino, a Comunidade galega é a maior produtora nacional, con máis de 1,3 millóns de toneladas, un volume que supón o 17,07% do total do Estado. “E, ademais, na produción galega atopamos o 18% da produción de penso ecolóxico a nivel nacional”, dixo, ao que engadiu que nas cinco empresas galegas que producen o 50% do total da Comunidade dan traballo a máis de 1.423 persoas.

xornada_agafac_40anos

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información