Os cabalos, protagonistas de novo o 21 de xullo na Festa do Turismo Rural do Vicedo

O mirador do parque eólico de Riobarba acolle unha celebración con máis de dúas décadas de vida que segue congregando a numerosos participantes no xantar campestre e nas concurridas carreiras de cabalos de despois

As carreiras que se celebran tralo xantar son un dos puntos fortes da xornada

As carreiras que se celebran tralo xantar son un dos puntos fortes da xornada

O Concello do Vicedo organiza o vindeiro domingo 21 de xullo unha nova edición da Festa do Turismo Rural, que reunirá no mirador do parque eólico de Muronovo, na parroquia de Riobarba, a veciños e afeccionados ao mundo ecuestre. Centos de persoas participarán como cada ano no xantar celebración que cumpriu xa as dúas décadas de vida e que ten como protagonistas aos cabalos, con animadas carreiras e concursos que xuntan a participantes de toda a comarca.

Esta celebración festiva destacada do verán congrega todos os anos a un importante número de asistentes, tanto veciños coma visitantes que disfrutan dun día de convivencia con festa gastronómica e cita ecuestre

Como cada ano, a festa comeza cunha misa campestre na honra de San Vicente de Francos baixo a carpa instalada na explanada o parque eólico para que as néboas habituais e a climatoloxía cambiante desta zona elevada non poñan en perigo os distintos actos do programa.

Ao rematar a celebración relixiosa ten lugar o xantar a base de produtos como chourizo, xamón, empanada, lacón asado ou queixo. Tanto a comida como a bebida, con viño e auga, son gratuitas, cortesía do Concello de O Vicedo, que corre con todos os gastos da festa.

A partir das 5 da tarde dá comezo o campionato ecuestre, con carreiras de cabalos e concursos nos que se reparten máis de 1.200 euros en premios aos participantes nas distintas categorías: carreiras de trotóns, marcha, carreira de cabalos de cruce e mellores cabalos de raza. Trátase dunha cita consolidada á que acoden afeccionados e participantes de toda a comarca da Mariña, de Ortegal e mesmo da Terra Cha. Trala entrega de premios comeza a verbena e o baile.

Aeroxeradores compatibles co entorno natural

Veciños e veciñas disfrutando do xantar campestre

Veciños e veciñas disfrutando do xantar campestre

A Festa do Cabalo do Vicedo comezou a celebrarse cando se construiu o parque eólico, segundo lembra o alcalde, Jesús Novo, e naceu coa idea de demostrar que os aeroxeradores poden ser compatibles co entorno natural.

Desde o mirador do parque eólico de Riobarba hai unha impresionante panorámica da ría do Vicedo e das veciñas rías do Barqueiro e Viveiro, das pontes que permiten cruzar o río Sor, da súa desembocadura e do litoral desta zona, salpicado de illas, como a Coelleira ou a de San Martiño, e de praias, como as de Abrela, San Román, Arealonga, Xilloi, Caolín, Vidreiro ou Area Grande.

Importancia do turismo rural e de natureza

O turismo é unha parte importante da economía local do concello do Vicedo e un exemplo do tirón turístico deste municipio costeiro é o coñecido como Fuciño do Porco, que permite facer un roteiro até chegar a un fermoso acantilado sobre a ría. O Fuciño do Porto é precisamente un dos lugares que se visitarán este ano dentro dos Mércores de natureza.

Fuciño do PorcoNa programación sociocultural do Concello do Vicedo para este mes de xullo hai un total de 5 actividades de natureza ao longo do mes. Concretamente o 3 de xullo ás 17h será a presentación dos Mércores de natureza con táboas paddle surf e kayaks pola Abrela, o 10 de xullo ás 10h a subida do Río Sor en Kayaks saíndo desde o peirao de O Vicedo, o 17 de xullo ás 10h unha ruta de sendeirismo entre Covas e Fuciño do Porco e Folgueiro (utilizando o tren Feve para os desprazamentos de ida e volta desde O Vicedo), o 24 de xullo ás 16h a novedosa xeoruta, que percorrerá parte da costa do Vicedo, concretamente as praias de Area Grande e Xilloi, para coñecer as rochas cun pasado de máis de 470 millóns de anos, con materiais volcánicos e que se transformaron no “ollo de sapo”, e finalmente o 31 de xullo unha ruta mixta de Sendeirismo e kayaks entre Xilloi e O Barqueiro (sendeirismo) e regreso (voluntario) en kayaks cruzando a ría ata Xilloi.

Tamén pegado ao mar, na parroquia de San Román, atópase o lugar coñecido como Os Moutillós, no que se atoparon restos da presenza viquinga que durante séculos axexou a costa da Mariña. Neste lugar celébrase o 27 de xullo unha romaxe viquinga con desembarco e espectáculos de recreación histórica.

Este ano será a cuarta edición da Romaxe Viquinga, cunha xornada previa o 26 a partires das 20:30h co pregón a cargo de Serxio Pazos, desfile polas rúas do Vicedo, ruta de tapas e cantos de taberna. Xa o 27 será o espectacular desembarco viquingo e batalla, obradoiros, combates, torneo cristián con cabalos, mercado de artesanía e os espectáculos nocturnos finais.

cartel Festa do Cabalo O Vicedo 2019

cartel romaxe viquinga

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información