‘Operación reciclaxe’ para promover o retorno dos envases de fitosanitarios

Galicia reciclou no 2016 unhas 44 toneladas de recipientes de plaguicidas, un 5% máis que no anterior ano. Sigfito, a entidade encargada da xestión dos residuos, lanzou unha campaña para mellorar a colaboración do sector agrario

Publicidade
‘Operación reciclaxe’ para promover o retorno dos envases de fitosanitarios

Sigfito ocúpase da recollida dos envases de produtos fitosanitarios.

Ao concluír o uso dun envase de produtos fitosanitarios, o produtor debería depositalo nun dos puntos habilitados para a súa recollida, a fin de minimizar o seu posible impacto ambiental. Non sempre se fai así e por iso Sigfito, a entidade encargada das xestión dos residuos, vén de lanzar unha campaña, a Operación Reciclaxe, para tratar de aumentar a colaboración do sector agrario.

En Galicia, os datos de recollida de recipientes van mellorando ano a ano, se ben a comunidade aínda se mantén nos postos de cola de España na cifra de entregas. A dispersión poboacional e a adicación á agricultura a tempo parcial en sectores como a horta e o viñedo son algúns dos factores que explican a tradicional menor implicación galega na xestión dos envases baleiros.

Con todo, no 2016 foron 44 as toneladas de envases que se retiraron, un 5% máis que no 2015, segundo os datos da Consellería de Medio Ambiente. O departamento autonómico xa anunciou a súa intención de promomver entre os agricultores galegos a ‘Operación Reciclaxe’, co obxectivo de aumentar as cifras de retorno dos recipientes.

Por provincias, destacan as cantidades recollidas nas provincias de Coruña e Pontevedra, con 17,1 toneladas e 15,9 respectivamente, seguidas de Lugo, con 6,1 toneladas e de Ourense, con 5,4.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información