Oferta formativa para o sector gandeiro e agrícola nos cursos de verán da USC

Oferta formativa para o sector gandeiro e agrícola nos cursos de verán da USC

Este mércores, 9 de maio, ábrase o prazo de matrícula nos Curso de Verán da Universidade de Santiago de Compostela 2018, que este ano contan cunha oferta formativa para o sector gandeiro, agrícola e forestal, centradas na produción de leite en ecolóxico, na loita contra o cambio climático ou estratexias para frear o abandono do rural.

Velaquí os cursos para estes sectores:

-¿Como producir leite en base a pasto e leite ecolóxico?

Datas: 25 a 28 de xuño.
Dirección: Bernardo Valdês Paços e Yann Pouliquen Kerlau
Lugar de Celebración: Escola Politécnica de Lugo.

Este curso diríxese a gandeiros, profesionais e persoas que no futuro poidan desenvolver o seu traballo no ámbito da produción láctea. Pretende darlles ferramentas que permitan mellorar a xestión técnico-económica nas explotacións de produción ecolóxica ou que basean a alimentación no pasto; elementos de grande relevancia no actual contexto de incerteza e volatilidade que caracteriza o sector lácteo.

Consulta aquí o programa do curso

-Estratexias contra o abandono no medio rural

Datas: 17 a 20 de xullo
Dirección: Francisco Marey Pérez e Xavier Bruña García
Lugar de Celebración: Muras (Lugo)

Neste curso abordarase a problemática do abandono rural coa participación de expertos de distintos ámbitos relacionados co sector primario, así como a poboación. Celebrarase nun contexto rural como é o caso do concello de Muras no norte da Terra Cha lucense, con serios problemas de despoboamento, pero no que tamén se poñen en marcha iniciativas e actividades “atípicas e extraordinarias”.

Consulta aquí o programa do curso. 

-O cambio climático e o sector agrario galego

Datas: 17 a 19 de xullo
Dirección: Antonio Rigueiro Rodríguez
Lugar de Celebración: Seoane do Courel

O seminario centrarase nas previsións ou proxeccións de evolución do cambio climático en Galicia, nas evidencias dese cambio climático, nas previsións de evolución dos parámetros climáticos e nos efectos que se prevén na agricultura, na gandería e sanidade animal, na produción e sanidade forestal, na biodiversidade vexetal, na biodiversidade animal e nos cogomelos, entre outro

Consulta aquí o programa do curso. 

Consulta aquí a oferta completa de cursos de verán da USC e a información para inscribirse.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información