Obradoiros de emprendemento cooperativo de Agaca en Lugo e Vigo

Obradoiros de emprendemento cooperativo de Agaca en Lugo e Vigo

Asamblea de Agaca (Arquivo).

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) está a impulsar obradoiros de emprendemento cooperativo no medio rural en distintas localidades de Galicia. Os próximos cursos está previsto que se celebren ó longo do mes de abril en Lugo e Vigo e xa está aberto o prazo da matrícula, que é gratuita.

A actividade, denominada ‘Obradoiro de emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidade de negocio’, está aberta a todas as persoas interesadas, especialmente mozos e mulleres. O obradoiro busca asesorar ós posibles emprendedores sobre os factores clave a ter en conta na posta dunha iniciativa empresarial, desde a xeración e maduración das ideas ata as distintas axudas públicas ou cuestións relacionadas coa elaboración dun plan de empresa.

No marco do curso, está previsto ademais que se expoñan casos reais de iniciativas empresariais de éxito no contorno rural que sirvan de estímulo aos participantes. O equipo docente está integrado por técnicos da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, especialistas de diversas áreas.

As datas de celebración para Lugo e Vigo son as seguintes:

Lugo: 7, 8, 9, 15, 16 e 20 de abril do 2015, de 16:00 a 19:00 h

Vigo: 21, 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de abril do 2015, de 10:00 a 13:00 h

Para máis información e inscripcións, os interesados poden dirixirse ó correo electrónico agaca@agaca.coop ou chamar a Agaca ós teléfonos 981-584.783 ou 981-584.911.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información