O Tribunal Supremo avala as restricións ás gasolineiras das cooperativas agrícolas

O Tribunal Supremo avala as restricións ás gasolineiras das cooperativas agrícolas

Gasolineira dunha cooperativa

Nos últimos anos proliferaron as gasolineiras das cooperativas agrarias, unha vía para diversificar ingresos para estas entidades e para garantir este servizo en áreas rurais, e que tiveron un importante éxito polos seus prezos máis baixos. Boa parte delas son de autoservizo parcial, de forma que a determinadas horas o socio ou cliente externo tiñan que encher eles mesmos o combustible e pagar mediante tarxeta de crédito.

Sen embargo, o Tribunal Supremo ditou recentemente dúas sentenzas nas que confirma as restricións a estes establecementos respecto ás da competencia, ao desestimar os recursos que Cooperativas Agroalimentarias de España e a Asociación de Estacións de Servizo Automáticas ( AESAE) interpuxeran contra a ITC-04, unha norma que regula a seguridade industrial nas instalacións de subministración de carburante polo miúdo.

Ambas as entidades recorreron o artigo da mencionada norma que limita a reposición en réxime desatendido a 75 litros e tres minutos. Tras estudar os recursos, o Alto Tribunal mantivo a prohibición de encher en instalacións desatendidas máis de 75 litros ou durante máis de 180 segundos.

Ademais, as cooperativas pediran tamén a anulación da prohibición de fornecer en envases máis de 60 litros de gasolina ou 240 de gasóleo. O Supremo desestimou tamén esta petición, mantendo eses límites para preservar a seguridade tanto na subministración como no transporte destes recipientes.

As cooperativas discrepan dun fallo xudicial que prexudica ás instalacións de carburantes do sector cooperativo

Pola súa banda, Cooperativas Agro-alimentarias de España móstrase moi crítica e manifesta a súa desconformidade coa sentenza do 21 de xaneiro da Sección Terceira da Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Supremo (recurso 639/2017), que desestimou a totalidade do recurso presentado ao Real Decreto 706/2017, que regula o funcionamento das instalacións de carburantes a vehículos.

Josep Lluís Escuer, coordinador do Grupo de Traballo Carburantes, entende que “non se tiveron en conta as especificidades do noso sector nin a capacidade dos depósitos da maquinaria agrícola con relación ao resto de vehículos. As limitacións que se están impoñendo resultan abusivas, prexudican a todas as estacións de carburantes do sector cooperativo, atentan contra a libre competencia no mercado e restrinxen a liberdade de empresa.”

As cooperativas contan con 900 estacións de servizo que levan distribuíndo carburantes desde hai 30 anos como servizo aos seus socios. En xeral, estas instalacións atópanse situadas en contornas rurais, onde os índices de poboación son máis baixos, e, co obxectivo de garantir a sustentabilidade do servizo, adóitase optar por un sistema de gasolineira que non obrigue a ter persoal de atención ao cliente durante as 24 horas. Este modelo, que en España foi defendido pola CNMC e a Secretaria Xeral de Unidade de Mercado, ten unha importante implantación en países do norte de Europa como Dinamarca, Finlandia e Suecia, onde supera o 50% do total.

“Unha resolución xudicial que non ten en conta a realidade do sector”

En canto á seguridade durante a reposición de autoservizo, desde as cooperativas afirman que “informes periciais e técnicos que as estacións automáticas gozan de maior grao de seguridade que as estacións que contan con persoal, a teor da serie histórica de incidencias e accidentes”.

Ademais, consideran que “é unha restrición allea á realidade do parque de vehículos industriais que desenvolven o seu labor no sector agropecuario, onde practicamente todos contan con depósitos con capacidades superiores aos 200 litros, alcanzando a frota de camións volumes superiores aos 500 litros.”

En canto á negativa do Tribunal Supremo de incrementar o límite fixado no que concierne á reposición de carburante en depósitos homologados, (limitación de 240 L de gasóleo e 60 L de gasolina), as cooperativas tamén consideran inxustificada esta resolución, xa que “por motivos obvios de labores en fincas rústicas, situadas a decenas de quilómetros da estación de servizo máis próxima, é unha necesidade #imperioso contar con reposición de reserva e intervención de urxencia”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información