O SLG organiza en Lalín unha xornada de transferencia de coñecementos de mulleres emprendedoras no medio rural

O SLG organiza en Lalín unha xornada de transferencia de coñecementos de mulleres emprendedoras no medio rural

Xornada do Sindicato Labrego

O Sindicato Labrego Galego, a Confederación de Mulleres do Mundo Rural Ceres e a Asociación Labregas organizan este mércores, 15 de marzo, unha xornada de transferencia de coñecementos de mulleres emprendedoras no medio rural. O obxectivo deste evento é que as mulleres participantes coñezan experiencias de emprendedoras e as maneiras de acceder aos programas oficiais de desenvolvemento rural para acadar axudas de cara a financiar proxectos.

Esta actividade terá lugar nas antigas instalacións da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED-Polígono Lalín 2000 Parque Empresarial, Parcela E, Lalín, Pontevedra), e inscríbese no Plan de Acción da Rede Rural Nacional (RRN). Desenvolverase de 9:30 a 18:00 horas, incluíndo o xantar para as participantes. A inscrición é gratuíta e pode facerse a través da oficina do Sindicato Labrego Galego en Lalín (rúa Monte Faro) ou escribindo directamente a jornadasredrural@magrama.es

Velaquí o programa:

9:30 – 9:45 h. Chegada e recepción das participantes.

9:45 – 10:00 h. Inauguración do obradoiro.
Representante do Ministerio de Agricultura.
Pura Seoane Albela, Presidenta da Asociación Labregas.

10:00-10:45h. Xeración de coñecemento sobre emprendemento por mulleres no medio rural.
Relatoras: Sonia Couso – AMARELANTE, SOC. COOP. GALEGA.
Ana Corredoira – A CERNADA.
Pura Seoane – HORTA ECOLÓXICA
Mulleres empresarias do medio rural.

10:45-11:30h. Análise de modelos de negocio rexentados por mulleres do medio rural.
Relatora: Ana Lorenzo – CIDADANÍA, SOC. COOP. GALEGA

11:30-12:00 h. Pausa

12:00- 14:00h. Traballo en taller: Análise cualitativa e cuantitativa da situación da mujer no medio rural.
Relatora: Paloma Jimena Medina. Axente de Igualdade e Desenvolvemento Rural.

14:00- 15:30 h.Pausa-xantar.

15:30- 16:15 h.Estruturas de información e apoio para mulleres no medio rural.
Ana Eiras. Representante da Asociación Labregas.

16:15 17:00 h. Os programas de desenvolvemento rural como oportunidade para as mulleres.
Relatoras: Paula Suanzes. Representante do Grupo de Desenvolvemento Rural “Terras de Pontevedra Norte”
Representante de AGADER. Asociación Galega de Desenvolvemento Rural.

17:00 h. Clausura

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información