O SLG denuncia a intención da Xunta de suprimir as axudas agroambientais

Publicidade
O SLG denuncia a intención da Xunta de suprimir as axudas agroambientais

O Sindicato Labrego Galego denuncia a intención de Medio Rural de rematar coas axudas agroambientais, das que se están a beneficiar ao redor de 4.000 granxas na Galiza, principalmente en Lugo e na montaña de Ourense.

Fontes do sector apuntan a que estas axudas só se manterían en Galicia durante os anos 2020 e 2021 para a gandería ecolóxica e para as ganderías situadas en zonas desfavorecidas de montaña.

Como o novo periodo da PAC non vai dar arrancado no 2021 e mesmo se teme que tampouco no 2022, iso podería significar que as axudas agroambientais estarían bloqueadas ata o ano 2023 para a maior parte desas 4.000 granxas. Para evitar o bloqueo das axudas agroambientais, faríase preciso que a Xunta redistribuíse fondos do actual Plan de Desenvolvemento Rural, a fin de prorrogar as axudas agroambientais., como fixeron comunidades como Castela e León, comprometendo fondos propios -56 millóns de euros- para garantir estas axudas ata que se empece a aplicar o novo PDR.

Sen embargo, dende o Sindicato Labrego advirten de que “coñecemos esta nova a través de fontes da propia Consellaría, onde argumentan que non hai unha demanda do sector para seguir apoiando unha liña de subvencións que supoñen un pulo importante para a economía das granxas que practican modelos mais sustentables de produción, vinculados ao territorio, especialmente das granxas de vacún de carne”.

O Sindicato Labrego Galego, a través da súa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane, xa solicitara na última sesión do Consello Agrario Galego, celebrada o 21 de xuño, que a Consellaría de Medio Rural crease unha liña orzamentaria para prorrogar estas axudas.

image_print
Etiquetado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información