O presidente do Fega avanza que Galicia poderá pagar o anticipo da PAC a finais deste mes

O presidente do Fega avanza que Galicia poderá pagar o anticipo da PAC a finais deste mes

O presidente do Fondo Español de Garantía Agraria (Fega), Miguel Ángel Riesgo Pablo, adiantou este venres que Galicia poderá realizar o pago do anticipo da PAC na segunda quincena do mes de novembro.

Durante a súa intervención este venres nas XV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro, en Lugo, Miguel Ángel Riesgo Pablo informou de que “desde o Fega xa temos o diñeiro que nos transferiu o Banco de España para que Galicia poida realizar o anticipo das axudas da PAC na segunda quincena de novembro”, unha vez que a Comunidade realizou os controis e pediu ao Fega o anticipo.

Desta forma, a Consellería do Medio Rural poderá adiantar o 70% dos pagos directos da PAC, incluíndo as axudas por vacas nutrices, en vacún de carne, e para vacas de leite, así como para o pago básico e para as axudas do pago verde.

A Comisión Europea permitiu este ano a posibilidade de aboar a partir do próximo 16 de outubro ata o 70% das axudas directas da PAC e ata o 85% das de desenvolvemento rural, xunto co permiso de aproveitar para pastoreo os barbeitos declarados como superficies de interese ecolóxico para os efectos do pago verde complementario. Ambas as medidas adóptanse excepcionalmente por mor da grave situación de seca.

Galicia é unha das comunidades que máis vai tardar en adiantar a PAC

Porén, os datos mostran que Galicia é unha das Comunidades nas que máis van tardar os gandeiros e agricultores en recibir este anticipo da PAC, ao redor duns 70 millóns que deberán chegar a máis de 26.000 beneficiarios. Estas axudas, financiadas nun 100% pola Unión Europea, son de gran necesidade especialmente para as ganderías afectadas tanto pola seca como polos lumes forestais, unhas adversidades que minguaron e mesmo deixaron sen forraxes a moitas explotacións gandeiras.

Sirva como exemplo que en Castela e León e Andalucía comezaron a realizaron o adianto da PAC o 17 de outubro; en Estremadura desde o 18 do pasado mes, Asturias desde finais de outubro e así outras comunidades…

Así se confirma nos datos do Fega sobre o anticipo da PAC por Comunidades Autónomas:

PAGOS_FEGA

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información