O Ministerio regula o uso de residuos inorgánicos como produtos fertilizantes

O Ministerio regula o uso de residuos inorgánicos como produtos fertilizantes

O Consello de Ministros aprobou este venres unha modificación do Real Decreto sobre produtos fertilizantes. Unha norma na que se establecen os requisitos para a elaboración e posta no mercado nacional deste tipo de produtos, entre outros as materias primas que poden empregarse na súa fabricación.

A modificación introducida, clarifica as condicións de utilización de determinados residuos inorgánicos como materias primas.

O Ministerio considerou conveniente modificar e actualizar ese aspecto, tomando como base a experiencia existente para regular o emprego dos residuos biodegradables á hora de fabricar produtos fertilizantes de orixe orgánica.

O Real Decreto aprobado este venres, pero pendente aínda de publicar no BOE, mantén a necesidade de contar coa correspondente autorización da autoridade ambiental, e inclúe unha disposición transitoria regulando temporalmente a posta no mercado dos fertilizantes nos que se utilizaron os residuos inorgánicos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información