O futuro do medio rural, a debate na II Xornada da Terra de Miranda

Publicidade
O futuro do medio rural, a debate na II Xornada da Terra de Miranda

Presentación da xornada

Data inicio: 07/09/2018
Data fin: 08/09/2018
Lugar: Casa Cultura Meira

O responsable de Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal Baamonde e o alcalde de Meira, Antonio de Dios, presentaron este martes no Pazo de San Marcos a II Xornada da Terra de Miranda, coa que colabora o executivo provincial. Na presentación tamén participaron os responsables da xornada, Paco Veiga e María García Jartin,

Trátase dun encontro-debate organizado por Nova Escola Galega, Asociación Cultural Avelino Díaz e a Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea. Esta xornada, que se celebrará na Casa da Cultura de Meira os días 7 e 8 de setembro, ten como finalidade debater sobre a situación do medio rural galego desde a óptica educativa.

Nesta actividade participarán máis de 25 persoas relacionadas co mundo educativo, a historia, a literatura, ou proxectos doutra entidade como REGAEDER, entre outros. Os interesados en asistir poden atopar máis información en www.neg.gal.

Programa

terra_miranda_programa

O deputado remarcou que “dende o Executivo Provincial apoiamos estas iniciativas que impulsan e promoven o coñecemento e o estudo sobre o medio rural, e ao mesmo tempo contribúen a coñecer a evolución dos nosos Concellos. Ademais, o Servizo de Publicacións da Deputación xa ten editado libros sobre a historia das Terras de Miranda, unhas publicacións que perdurarán para que a xente poida desfrutar destes traballos de investigación sobre a Comarca”, sinalou.

Antonio de Dios agradeceu a colaboración e a implicación da organización con esta II Edición sobre o futuro das Terras da Miranda, e convidou a todos os veciños e visitantes a participar neste proxecto e aportar as súas ideas.

Paco Veiga e María García Jartin explicaron que nesta edición a programación inclúe 4 mesas redondas, presentacións de libros, relatorios, un roteiro pola Orrea, así como a proxeccións de documentais. Todas as persoas que desexen participar poden facelo a través da páxina web www.neg.gal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información