O FEGA renova o convenio con Galicia para a aplicación informática das axudas da PAC

O Goberno autoriza a subscrición dos convenios entre o FEGA e varias Comunidades Autónomas para a xestión informática das axudas da PAC. O programa provocou atrasos este ano no cobro das axudas

O FEGA renova o convenio con Galicia para a aplicación informática das axudas da PAC

O Consello de Ministros autorizou o pasado venres a subscrición dos Convenios de colaboración entre o Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) e 12 Comunidades Autónomas, entre elas Galicia, para o desenvolvemento e mantemento da aplicación informática para a xestión das axudas da Política Agraria Común (PAC).

O FEGA impulsou hai dous anos este programa informático conxunto encargado de xestionar as axudas, que incluía unha nova aplicación informática xa adaptada aos cambios da nova PAC.

Sen embargo, o primeiro ano de funcionamento do programa provocou un calvario tecnolóxico para asociacións, gandeiros e administración que se saldou cun atraso xeneralizado e múltiples incidencias que atrasaron o cobro das axudas da PAC.

En concreto, todas as Comunidades Autónomas integradas neste programa tiveron problemas para integrar os datos no sistema e atopáronse con problemas e deficiencias nos datos que hai que depurar; o que provocou un atraso nos pagos. Salváronse o País Vasco, Cataluña e Castela e León, que a partir do 16 de outubro puideron pagar os adiantos ao ter programas propios.

Dúas modalidades de participación

Os convenios para renovar o acordo entre o FEGA e as CCAA presentan dúas modalidades de participación. Por unha banda, unha modalidade completa, na que a comunidade autónoma terá acceso a todos os módulos da aplicación informática. Nesta situación atópanse as comunidades do Principado de Asturias, Illas Baleares, Cantabria, Castela-A Mancha, Galicia, A Rioxa, Madrid, Rexión de Murcia, Comunidade Foral de Navarra e Generalitat Valenciana.

Mentres, na modalidade parcial as comunidades terán acceso a todos os módulos con excepción do módulo de captura, en cuxa situación se atopan as comunidades de Andalucía e Aragón.

En ambas as modalidades defínense as condicións de colaboración entre o Estado e ditas Comunidades Autónomas para o mantemento da aplicación informática para a xestión, control e cálculo do pago das axudas directas e medidas de desenvolvemento rural, no ámbito da PAC 2015-2020, desenvolvida polo FEGA.

O custo total do mantemento e desenvolvemento da aplicación informática ascende a 2.423.554 euros. Desta cantidade, o FEGA faise cargo do 50%, asumindo o que lle correspondese ás comunidades autónomas que non participan máis o 30% procedente das comunidades que participan na modalidade parcial, o que supón un total de 1.606.289 euros.

Cada Comunidade Autónoma encargarase do despregamento, administración e operación do sistema de produción, e prestará o servizo de soporte informático aos usuarios de primeiro nivel. Ademais, financiará parcialmente o mantemento da aplicación informática, segundo a repartición indicada no cadro seguinte:

Comunidades Autónomas

Modalidade de Participación

Importe €

Andalucía

Parcial

193.768,45

Aragón

Parcial

58.526,40

Asturias (P. de)

Completa

34.741,32

Balears (Illes)

Completa

31.494,22

Cantabria

Completa

29.870,66

Castilla-La Mancha

Completa

158.131,44

Castilla y León

No Participa

Cataluña

No Participa

Extremadura

No Participa

            –

Galicia

Completa

58.282,86

Rioja (La)

Completa

32.305,99

Madrid (C. de )

Completa

31.494,22

Murcia (R. de)

Completa

38.800,21

Navarra (C. F. de )

Completa

40.423,76

País Vasco

No Participa

           –

C. Valenciana

Completa

109.424,82

O ano 2015 é o primeiro no que se xestiona e captura este novo modelo das solicitudes das axudas da PAC. Estes convenios de colaboración para o uso da aplicación informática, desenvolvido polo FEGA, teñen como obxectivo mellorar a coordinación e a homoxeneización na xestión das axudas nas distintas Comunidades Autónomas, harmonizando a xestión e reducindo os custos para as administracións públicas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información