O Fega fixa o importe unitario das axudas para vacún de cebo

O Fega fixa o importe unitario das axudas para vacún de cebo

O Fondo Español de Garantía Agraria, FEGA, fixou o importe unitario das axudas ás explotacións de vacún de cebo correspondentes a  PAC de 2016: 30,94 euros por animal para os tenreiros cebados na propia explotación e 18,08 euros para os cebadeiros.

Diferéncianse entre os animais que foron cebados na mesma explotación de nacemento ou en cebadeiros comunitarios xestionados por produtores de vaca ama de cría, hai un límite orzamentario asignado para a campaña 2016 de 12.388.743 euros, a repartir entre 400.383 animais con dereito a pago, segundo os datos comunicados polas comunidades autónomas, establecéndose por iso un importe unitario provisional de 30,94 €/animal.

Para o sub-réxime de axuda para os tenreiros que proceden doutra explotación hai un límite orzamentario asignado para a campaña 2016 de 25.904.857 euros, a repartir entre 1.431.969 animais con dereito a pago, segundo os datos comunicados polas comunidades autónomas, establecéndose por iso un importe unitario provisional de 18,09 €/animal.

A continuación, inclúense os datos comunicados polas diferentes comunidades autónomas, e que serviron de base para a realización do cálculo dos distintos importes:

primas_vacas_nodrizas_2016

En base estes importes provisionais, poderase realizar un primeiro pago, que poderá alcanzar ata o 90 % do importe total da axuda.

En ningún caso, este primeiro pago poderase efectuar sen antes finalizar todos os controis oportunos para a verificación de que se cumpren as condicións de admisibilidade para o cobro da axuda. Con posterioridade, as comunidades autónomas comunicarán ao FEGA, antes do 30 de abril de 2017, o número de animais determinados para cada un dos distintos sub-réximes da axuda asociada sectorial ao vacún de cebo.

A partir desta data, e no prazo de 5 días hábiles, o FEGA comunicará ás comunidades autónomas o importe unitario definitivo da axuda para aplicar, tanto a os pagos pendentes como aos pagos complementarios aos xa realizados cos importes unitarios provisionais.

Recalcar o carácter provisional dos importes unitarios establecidos de fronte ao primeiro pago desta axuda. Coa información que remitan as comunidades autónomas no mes de abril correspondente ao número total de animais determinados para o pago da axuda, estableceranse os importes unitarios definitivos que poderían variar respecto destes importes provisionais, e non sempre terían que facelo á alza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información