Só o 11% dos perceptores das axudas directas da PAC teñen menos de 40 anos

Só o 11% dos perceptores das axudas directas da PAC teñen menos de 40 anos

O relevo xeracional na actividade agraria e gandeira segue sendo a gran materia pendente en Galicia, en España e en Europa. Sobre este reto volve chamar a atención o informe do Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) sobre os perceptores das axudas directas e ao desenvolvemento da PAC en 2016.

Así, se se analizan as axudas directas, algo menos do 11% dos perceptores en Galicia e o 8,7% en España teñen menos de 40 anos de idade. En total o pasado ano percibiron estas axudas en Galicia 26.642 persoas por un importante total de 114,57 millóns de euros.

Se se debullan estes datos en Galicia por tramos de idade, os perceptores de menos de 40 anos foron 3074 persoas e recibiron un 15,66% destas axudas, o que supón unha cifra de 17,9 millóns de euros. Desglosado, os mozos de menos de 25 anos que percibiron estas axudas foron 151, apenas un 0,53 % dos perceptores, e recibiron 872.144 euros , cantidade que supón un 0,76 % do total do importe.

Na faixa de entre 25 e 40 anos situáronse o 10,21 % dos perceptores (2.923) que obtiveron un 14,90 % das axudas, por valor de 17,07 millóns de euros.

A maior parte dos perceptores en Galicia, o 67,57 %, ten entre 20 e 45 anos, un total de 19.354 persoas que cobraron 88,76 millóns de euros, o 77,48% do total.

Os maiores de 65 anos aínda teñen un peso importante nestas axudas, pois aínda son o 21,70 % do total, aínda que só reciben o 6,86 % do importe total das axudas ( 7,85 millóns).

FEGA_AXUDAS_GALICIA

O campo galego segue sendo unha actividade máis feminina

En canto á distribución por xéneros 12.147 dos preceptores son homes, fronte a 16.495 mulleres.

FEGA_AXUDAS_GALICIA2

Situación en España: só o 8,72% dos perceptores das axudas directas da PAC teñen menos de 40 anos

En canto aos datos do conxunto do España, o informe do Fega sobre os perceptores das axudas directas da PAC revela que soamente o 8,72% teñen menos de 40 anos. En concreto, o 8,17% teñen entre 25 e 40 anos de idade e só o 0,55% son persoas de menos de 25 anos. As axudas que perciben os menos de 40 anos representan o 13,79%.

Do mesmo xeito que en Galicia, no resto do Estado o groso das axudas concéntrase na faixa de idade de entre 40 e 65 anos: un 52,50% dos perceptores e un 59,95% das axudas recibidas. En canto ás persoas maiores de 65 anos que cobran estas axudas supoñen o 38,78% e cobran o 26,25% das axudas.

Por último, destacar que, a diferenza de Galicia, a maioría dos beneficiarios das axudas directas da PAC en España son homes: 470378 fronte a 279.815 mulleres.

FEGA_AXUDAS_ESPAÑA

Descarga aquí o informe do Fega.

image_print
Etiquetado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información