Novos ataques dos lobos en Curtis

Novos ataques dos lobos en Curtis

Restos do ataque do lobo en Santaia

O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, foi ver as desfeitas causadas polos lobos nalgunhas zonas do municipio, onde atacaron ao gando. Na noite do 13 ao 14 mataron unha ovella na aldea de O Curro, en Santaia, e na noite seguinte mataron outra, sen que case quedasen restos delas. Puideron observarse pegadas dos lobos nas zonas de paso polas leiras de millo.

Santaia é unha das aldeas máis afectadas, onde os gandeiros levan denunciando esta situación desde hai anos, así como a pasividade da Xunta, segundo lle volveron trasladar o veciiños ao alcalde .

Caínzos comprometeuse a enviar este luns un oficio á Consellería de Medio Ambiente para que adopten medidas ante a gravidade dos feitos, as perdas económicas e a prolongación dos danos nos últimos anos.

Non é a primeira vez que o Concello de Curtis mobilízase por este motivo. No 2017, Caínzos mantivo reunións coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural para trasladarlle a preocupación do Goberno local e dos gandeiros polas repercusións dos ataques dos lobos ao gando, e insistiu na necesidade de buscar medidas que permitan compatibilizar a protección desta especie coa actividade económica gandeira.

O ano pasado, o rexedor promoveu unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente con distintos alcaldes da comarca afectados, Sobrado, Aranga e Toques, onde Ángeles Vázquez anuncioulles unha liña de axudas económicas para paliar as perdas. Nesa reunión tamén se comentou a necesidade de aumentar as batidas nas zonas máis afectadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información