Novidades no SIGPAC para a campaña da PAC 2018

Publicidade
Novidades no SIGPAC para a campaña da PAC 2018

Imaxe do SIGPAC

O Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) informa os cambios no Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas de España (SIGPAC) para a campaña da PAC 2018. Hai que lembrar que desde este ano é obrigatoria a presentación dunha declaración gráfica das superficies para todas as explotacións. Exceptúase desta obrigación ás superficies de uso en común (pastos comunais, aparcerías, etc.).

Neste sentido, o Fega ofrece a seguinte información:

-Termos municipais nos que, de maneira excepcional, non se utilizarán as referencias SIGPAC para a identificación das parcelas agrícolas na campaña 2018:

Como axuda á presentación de solicitudes por superficie da Política Agrícola Común (PAC), publícase a relación detallada e o resumo de todos os municipios de España nos que, en todo ou en parte do seu territorio, a declaración de superficies débese facer con referencias identificativas distintas ás referencias SIGPAC.

Esta información facilítase para que todos os produtores que inclúan, dentro da súa solicitude de axudas, superficies situadas nalgún destes termos municipais, presten especial atención, por poder ter que utilizar referencias identificativas distintas ás utilizadas no ano anterior.

Termos municipais en Galicia nos que non se utilizarán as referencias SIGPAC: 

SIGPAC_CONCELLOS_NON

Ver documento

-Publicación do caché de campaña 2018:

Xa se pode consultar a través do Visor do SIGPAC o caché de campaña 2018, en base á cal se deberán declarar as superficies no contexto da Solicitude Única de Axudas da Política Agrícola Común.

Ver documento

-Fichas de información do contido das capas SIGPAC 2018:

Como axuda á presentación de solicitudes por superficie da Política Agrícola Común (PAC), publícase a descrición detallada das capas do SIGPAC que se poden consultar a través do Visor e do servizo WMS.

Ver documento

-Resumo nacional do SIGPAC por comunidades autónomas:

Resumo dos datos de superficie e recintos desagregados por agrupacións de usos e por Comunidades Autónomas, contidos nas bases de datos do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas de España (SIGPAC) na campaña 2018.

Ver documento

image_print
Etiquetado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información