Nova web da Finca Mouriscade para mellorar o servizo ao sector gandeiro

Nova web da Finca Mouriscade para mellorar o servizo ao sector gandeiro

Presentación da nova web.

Despois de 17 anos, Finca Mouriscade, dependente da Deputación de Pontevedra, conta cunha web renovada. Presentouna este xoves a deputada provincial, Eva Vilaverde, no salón de actos do laboratorio, acompañada pola xefa de servizo, María Hermida, e polo responsable de portais web da Deputación de Pontevedra, Rubén Gómez.

“Trátase dunha web operativa, funcional, accesible e intuitiva” afirmou a deputada provincial. Eva Vilaverde salientou, sobre todo, que a nova páxina web permitirá que os clientes do servizo do laboratorio poidan recibir os resultados das análises con maior rapidez, como as análises de forraxes de silo de herba e de millo.

Os clientes manterán o seu acceso privado para a área de “consulta de resultados”, aos que tamén poderán acceder a través de dispositivos móbiles. “Outra novidade importante é a versión para móbil e para tableta, porque non podemos esquecer que hoxe en día moito traballo se realiza desde este tipo de dispositivos, o que mellora a nosa capacidade de resposta” sinalou a deputada delegada de Finca Mouriscade.

No que vai de ano o Laboratorio de Mouriscade xa recibiu case 52.000 mostras para analizar

Neste sentido, a deputada tamén lembrou que o laboratorio de Finca Mouriscade superou as 85.500 mostras recibidas para análise durante o pasado ano e que a día de hoxe e desde o 1 de xaneiro de 2017 xa se recibiron preto de 52.000 mostras.

Eva Vilaverde cualificou esta renovación como “unha necesidade imperiosa, porque a web de Finca Mouriscade é unha das máis visitadas da Deputación, só por detrás da páxina principal da institución e da do centro de investigación de Areeiro”.

Por último, a deputada delegada de Finca Mouriscade tamén fixo fincapé nos idiomas nos que se poderá acceder á páxina. Se ben neste momento está operativa nos idiomas galego e español, nas vindeiras semanas habilitarase tamén o inglés e o portugués, atendendo aos clientes de fóra do país, e nomeadamente aos do norte de Portugal.

A esta nova páxina xa accederse a través do enderezo mouriscade.depo.es e ao longo dos vindeiros meses iranse implementando novos contidos e servizos, a maiores dos relativos ao laboratorio.

Una idea sobre “Nova web da Finca Mouriscade para mellorar o servizo ao sector gandeiro

  1. A. Cibreiro

    Si home si. Analíticas para Galicia, Portugal, resto da península……… a prezo de dumping financiadas por un ente povincial. Estupenda a globalicación analítica a conta de Pontevedra. En 2015, desde Medio Rural foron 2.5 millóns de euros ao laboratorio (provincial) duplicando entes e restando recursos. Mentres tanto, o laboratorio ñoficial de Medio Rural, enmagrecido e sen reposición de persoal. Estupendo polos xestores da Deputación de Pontevedra e polos de Medio Rural. Pois bon, pois moi ben, pois até logo.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información