Modificadas as bases do Plan Renove de maquinaria para dirixilas a dispositivos localizadores de xurro

As axudas, tal e como estaba previsto, orientaranse este ano a sustituír dispositivos de prato, abano ou canón para reducir o impacto da aplicación do purín

Modificadas as bases do Plan Renove de maquinaria para dirixilas a dispositivos localizadores de xurro

O Consello de Ministros aprobou un real decreto polo que modifica as bases reguladoras do Plan Renove de maquinaria agrícola. O obxectivo é apoiar os cambios nos sistemas de aplicación de xurros, sustituíndo os de dispositivos de abano, prato ou canón por localizadores no solo dos puríns

Co cambio de aparellos, búscase unha reducción das emisións de amoniaco á atmósfera. Desde o Ministerio de Agricultura lembran que a directiva europea sobre teitos nacionais de emisións impón un límite nas emisións de amoniaco a nivel estatal, correspondendo o 96 % das emisións de amoniaco á agricultura e un 28% delas á aplicación de puríns.

Para este ano, a intención do Ministerio de Agricultura é destinar en exclusiva os 5 millóns de euros da convocatoria 2018 do Plan Renove á sustitución de equipos para a aplicación de xurros. Co obxecto de cubrir o maior número de solicitudes posibles, as bases reguladoras das axudas permitirán só a adquisición do dispositivo de localización dos puríns, podéndose acoplar ás cisternas xa en uso, que deberán adaptarse á nova vía de aplicación.

Por outra banda, o Ministerio aclarou outras disposicións do Real Decreto, á luz da experiencia do 2017.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información