Miguel Pérez Dubois, novo director xeral de Desenvolvemento Rural

Miguel Pérez Dubois, novo director xeral de Desenvolvemento Rural

Miguel Pérez Dubois

O Consello da Xunta aprobou este xoves o nomeamento de Miguel Pérez Dubois como director xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural. Asume o cargo en substitución de Antonio Crespo Iglesias, que cesa por petición propia.

Miguel Pérez Dubois, de 55 anos de idade, era ata agora xefe territorial do Medio Rural en Pontevedra. Enxeñeiro agrónomo (especializado en Enxeñería Rural), é ademais funcionario de carreira do corpo superior de enxeñeiros agrónomos do Estado por oposición aprobada no ano 1986.

Un ano despois pasou a ser funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia. Foi tamén (entre os anos 1990 e 1992) inspector ambiental da Comisión Provincial de Medio Ambiente en Pontevedra.

A súa experiencia profesional está moi vinculada á Consellería do Medio Rural, xa que desde maio de 1987 desempeñou diferentes responsabilidades, primeiro na Delegación Provincial deste departamento en Pontevedra e despois en servizos centrais, desde funcionario en prácticas ata subdirector xeral de Infraestruturas Agrarias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información