Medio Rural recibiu máis de 4.000 avisos pola vespa asiática no 2015

Medio Rural recibiu máis de 4.000 avisos pola vespa asiática no 2015

Niño de vespa asiática.

A vespa asiática, unha especie invasora que afecta ás colmeas de abellas, chegou a Galicia para quedarse. “Non imos erradicala, hai que convivir con ela”, advirte a directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa. No que vai de ano, Medio Rural recibiu un total de 4.159 avisos por niños da vespa asiática, segundo explicou hoxe Ulloa no Parlamento.

A directora xeral, interpelada pola oposición sobre o impacto da vespa asiática na apicultura galega, defendeu que a Consellería estaba a facer o posible para mitigar o problema, tanto coa retirada de niños como coa distribución de trampas para a vespa entre os apicultores. En calquera caso, Ulloa sostivo que os principais problemas na apicultura galega eran a varroase e o síndrome de despoboamento de colmeas.

De xeito paralelo á chegada da vespa asiática a Galicia, a directora xeral asegura que medrou a produción de mel: “No 2013 había 100.600 colmeas e no 2014, 113.844, un 13% máis”.

Por parte da oposición, a deputada do Bng Tareixa Paz valorou como preocupante a expansión da vespa asiática en Galicia e cualificou de “insuficientes” as medidas adoptadas por Medio Rural contra a especie.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información