Medio Rural prevé pagar 36 millóns da PAC a próxima semana

Publicidade
Medio Rural prevé pagar 36 millóns da PAC a próxima semana

A Consellería do Medio Rural anuncia que ten intención de pagar 36 millóns de euros de adiantos das axudas da PAC a partir do próximo mércores 16, logo de que se teñan rematado tódalas comprobacións administrativas e controis obrigatorios sobre o terreo. En relación ó ano pasado, adiántase así un mes o primeiro pago, segundo a Xunta.

As primeiras liñas que se aboarán serán as de vacas nutrices, con case 10,5 millóns de euros, que beneficiará a máis de 9.000 gandeiros de vacún de carne; e 26,1 millóns de euros para as explotacións de vacún de leite.

O seguinte pago farase a comezos de decembro, cando a Consellería prevé aboar uns 105 millóns de euros. Galicia é unha das 9 comunidades autónomas que ten previsto iniciar os pagos da PAC na próxima semana, segundo anuncia o Ministerio, que espera que a próxima semana se paguen un total de 2.000 millóns de euros, dos que a meirande parte irá para Andalucía (819 millóns), seguida de Castilla y León (517) e de Castilla la Mancha (348).

image_print
Etiquetado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información