Medio Rural anuncia que abonará a maior parte da PAC a inicios de decembro

Publicidade
Medio Rural anuncia que abonará a maior parte da PAC a inicios de decembro

A Consellería do Medio Rural proxecta aboar a maior parte das axudas da Política Agraria Común (PAC) na primeira semana de decembro. En total, os pagos ascenderán a 110 millóns de euros, correspondentes ás liñas do pago básico, pago verde, agricultores mozos e pequenos agricultores, que estarán aboadas antes do 7 de decembro, segundo anunciou hoxe o conselleiro José González durante unha visita a unha explotación en extensivo de Pobra de Trives (Ourense).

Desde o 16 de outubro, a normativa permite que as comunidades autónomas abonen antes do 1 de decembro un 50% de pagos anticipados, unha posibilidade que xa fixeron efectivas oito comunidades autónomas. En Galicia, como é habitual, os anticipos comezarán a pagarse a finais de novembro, a partir do 19 de novembro, dado que os controis de campo necesarios para ingresar as axudas non estarán completados antes.

A Xunta calcula que en Galicia pagaranse en anticipos 25 millóns de euros, correspondentes só a vacas nodrizas e vacún de leite, pois o resto de apoios concentrarase nun único pago a comezos de decembro, segundo anuncia a Consellería, que destaca que por primeira vez se terá rematada a principal parte dos pagos da PAC a comezos de decembro.

image_print
Etiquetado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información