Medio Rural amplía o prazo para presentar licenza de obra nos plans de mellora

A data límite pasa do 15 de setembro ao 15 de outubro, tras as reclamacións trasladadas en tal sentido por organizacións agrarias e particulares

Publicidade
Medio Rural amplía o prazo para presentar licenza de obra nos plans de mellora

A Consellería do Medio Rural anuncia que amplía o prazo de presentación da licenza municipal de obra e dos diferentes permisos administrativos correspondentes coas axudas de plans de mellora, incorporación de mozos e pequenas explotacións. En concreto, o aumento do prazo será dun mes pasando do 15 de setembro ao 15 de outubro.

Esta decisión tomouse tras as demandas que trasladaran en tal sentido organizacións agrarias e particulares, que advertiran de que parte dos beneficiarios quedarían sen a axuda pola insuficiencia de prazo para presentar a licenza de obra municipal. A raíz do problema, segundo indicaban desde o sector, máis que nos propios Concellos estaba nos retrasos dos informes preceptivos da Consellería de Medio Ambiente.

Tanto Unións Agrarias como a Fruga e técnicos independentes teñen advertido do problema. Ante esa situación, a Consellería de Medio Rural anunciou hoxe que en breve sairá publicada no Diario Oficial de Galicia a ampliación do prazo.

Presupostos
Medio Rural lembra que destinou 65 millóns de euros ás axudas de plans de mellora, incorporación de persoas mozas e pequenas explotacións. O pasado ano, incorporáronse un total de 466 mozos, unha cifra á que hai que sumar a aprobación doutros 692 expedientes de plans de mellora de explotacións e doutras 154 axudas para o desenvolvemento de pequenas granxas.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información