Máis de 9.000 persoas recibiron a axuda de incorporación en Galicia nos últimos 20 anos

Publicidade
Máis de 9.000 persoas recibiron a axuda de incorporación en Galicia nos últimos 20 anos

Nos últimos vinte anos aprobáronse en Galicia máis de 9.000 expedientes de incorporación de mozos, cun importe total de axudas por valor de máis de 190 millóns de euros. Así o destacou hoxe o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, en resposta a unha pregunta sobre este tema na comisión 7ª do Parlamento de Galicia.

Sen embargo, non concretou cantas destas incorporacións foron reais, de forma que permaneceron no sector 5 anos despois de concedida a axuda.

O director xeral informou ademais de que o importe medio de axuda do período 1999-2018 por expediente aprobado superou os 20.000 euros, unha media que sobe ata os 35.000 euros nos últimos tres anos.

José Balseiros sinalou que esta medida outorga unha axuda aos novos agricultores que se establezan por primeira vez nunha explotación, mediante a súa creación ou incorporación a unha explotación existente.

Engadiu que só na convocatoria de 2019 houbo máis de 400 solicitudes de axuda, polo que é previsible que o número de expedientes aprobados supere o do 2018.

Mobilización de terras

Pola súa banda, o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, informou de que o prezo medio da terra rústica en Galicia en 2017 foi de 1,04 euros/metro cadrado, desagregado en 1,79 €/metro cadrado para a terra de labor e 0,64€/metro cadrado para terras de monte.

Explicou ademais que a Xunta está a mobilizar terras mediante diferentes ferramentas, coma o propio Observatorio de Mobilidade, o Banco de Terras de Galicia, diferentes proxectos piloto e iniciativas como a de aldeas modelo. Así mesmo, puxo en valor a futura Lei de recuperación e posta en valor de terras agrarias de Galicia para impulsar a súa recuperación e mobilización.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información