Lugo convértese este fin de semana na capital do mundo do cabalo co VIII Salón Equigal

Este certame contará coa participación de máis de 40 ganderías de primeira liña, 29 delas galegas e destas 7 lucenses, e outras de Sevilla, Lleida, Barcelona, Segovia, León, Valladolid, Salamanca, Asturias, Cantabria e Murcia

Lugo convértese este fin de semana na capital do mundo do cabalo co VIII Salón Equigal

Lara Méndez na inauguración de Equigal

A Vicepresidenta Segunda da Deputación en funcións, Lara Méndez, inaugurou este venres no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, o VIII Salón Equigal, feira equina de referencia en Galicia. O organismo provincial colabora un ano máis na celebración deste certame, converténdose no principal patrocinador deste evento, posto que se enmarca na aposta da institución luguesa polos sectores estratéxicos da provincia: agricultura gandería, pesca, comercio turismo ou artesanía. Equigal tamén conta coa colaboración doutras administracións e empresas, como o Concello de Lugo, a Fundación Rof Codina, o Club Hípico Equigal, a Asociación Deportiva Lucense de doma ou Forraxes Lugo.

En anteriores edicións esta cita acadou un volume de negocio superior aos 300.000 euros e recibiu a visita de maís de 8.000 persoas de toda a xeografía española, o que demostra a gran aceptación que supón este certame.

A Vicepresidenta aproveitou para felicitar á organización por situar a Lugo nun dos mellores lugares do mapa equino de España. De feito, esta cita está considerada como a 2ª feira máis destacada do territorio nacional, soamente superada polo SICAV de Sevilla.

Máis de 40 ganderías de primeira liña

Lugo converterase na capital do mundo do cabalo co   que reunirá este fin de semana, 5, 6 e 7 de xuño, a milleiros de afeccionados ao mundo do cabalo e a máis de 40 ganderías de primeira liña, 29 das cales son galegas e destas 7 lucenses, e o resto procedentes de Sevilla, Lleida, Barcelona, Segovia, León, Valladolid, Salamanca, Asturias, Cantabria e Murcia.

A axenda deste certame inclúe actividades pensadas para os profesionais, como os Concursos Morfolóxicos de Cabalos e Eguas de Pura Raza Española, e tamén dirixidas aos máis cativos, como un Espectáculo Carrusel Infantil. O programa contempla tamén un Carrusel de Hípica e un espectáculo ecuestre de Pura Raza Galega. Durante os tres días de feira celebrarase un mercadillo de libros antigos, descatalogados e de ocasión, no que se porán á venda máis de 2.000 exemplares.

Horario

O horario de apertura ao público do VIII Salón Equigal será de 16:00 a 21:00 horas o día 5 de xuño; de 11:00 a 21:00 horas o sábado e de 11:00 a 18:00 horas o día 7 de xuño. A entrada é totalmente gratuíta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información