Lugo acolle o 29 de marzo a II Asamblea Xeral da Fruga

A organización agraria renovará a súa dirección, fará balance do trienio 2012-2015 e deseñará os proxectos de traballo para os próximos anos

Publicidade
Lugo acolle o 29 de marzo a II Asamblea Xeral da Fruga

Imaxe de arquivo dunha protesta.

A Federación Rural Galega (Fruga) celebrará a súa II Asamblea Xeral o próximo 29 de marzo no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo. O congreso servirá para renovar os cargos de dirección da organización, así como para facer balance do traballo feito desde a anterior asamblea, celebrada no 2012, e para deseñar os proxectos futuros de traballo.

O coordinador da Fruga, Manuel da Cal, sinala que no Congreso se presentarán tamén tres velatorios sobre gandeiría, producións vexetais e sobre a revitalización do rural. “Con revitalización do rural, referímonos a toda a xente que está apostando por proxectos de incorporación á actividade agraria e que quere vivir no rural e do rural”, explica da Cal.

A asamblea celebrarase entre as 10.30 e as 14.30 horas.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información