Listado das entidades de aconsellamento agrogandeiro que reciben axudas da Xunta

Publicidade

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou estes martes a resolución das axudas destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

A través destas subvencións, a Consellería do Medio Rural achega preto de tres millóns de euros a 38 entidades entre as que hai todo tipo de asociacións e cooperativas inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

As axudas, cofinanciadas con fondos FEADER nunha porcentaxe do 75%, nun 7,50% pola Administración xeral do Estado e nun 17,50% pola Xunta de Galicia, concédense en función da modalidade de asesoramento a prestar (básica, intermedia ou integral en explotacións agrícolas e gandeiras).

Así, estas entidades ofrecerán servizo ata o 15 de novembro de xeito gratuíto a profesionais do agro a modo de titorización do proxecto empresarial para, por exemplo, mellorar a súa competitividade e rendemento, así como as súas prácticas agrarias e medioambientais.

Por provincias, o 58% das entidades beneficiarias pertencen a Lugo, o 21% á Coruña, o 13% a Ourense e, por último, o 8% a Pontevedra.

SOLICITUDES APROBADAS:

Denominación entidade Axuda (€)
Censea, S.C. 39.840,00
Clun Cooperativas Lácteas Unidas 183.850,00
Asociación de Desenvolvemento Rural Ódega 129.770,00
Coop. Agraria Provincial A Coruña, S. Coop. Gallega 73.900,00
Asociación Sectorial Láctea E Agrícola Galega-Aselaga 55.060,00
Asociación de Labregos e Labregas Terras de Valcarce 3.370,00
Central de Frades, Soc. Coop. Galega 34.170,00
Asociación Galega de Cooperativas Agrarias-Agaca 32.160,00
Inloga Enxeñeiros, S.L. 193.900,00
Pintas e Rubias Asesoramento e Xestión Integral, S. Coop. Galega 14.850,00
Xelda Eido Rural, S.L.U. 45.410,00
Gabinete Técnico Agropecuario Terra Cha, S.C.G. 13.170,00
Taxo Asesogal, S.L. 497.000,00
Ovica 40.150,00
Agrotecnica Friol, S.L.U. 89.110,00
Agronovo Ecoloxía, S.L. 7.370,00
Argo Xestión Agrogandeira 5.850,00
Isagal Sociedade Cooperativa Galega 6.670,00
Asociación Profesional Gandeiros de Lugo 214.400,00
Asociación de Gandeiros A Fonsagrada 71.430,00
Aira S.C.G. 311.090,00
Lemos, S.C.G. 45.750,00
Xestega, Enxeñería Agroforestal, S.L. 37.800,00
Adsgestión, Soc. Coop. Gal 172.670,00
Xister, Sdad. Coop. Galega 17.390,00
Asociación de Gandeiros Agriña-Entidade de Aconsellamento Agriña 44.610,00
Xestión Agrogandeira Galega, Xeagro 225.860,00
Mandia, S.C.G. 37.000,00
Aprocam 10.050,00
Beealia, S.C. 24.340,00
Celtia Agroenxeñería, S.L. 40.000,00
Asociacion Labrega Terras de Ourense 11.380,00
Verinbiocoop S.C.G 8.500,00
Asociación Agrogandeira Ourensán 180.020,00
Agromacen 57.620,00
Asociacion Agraria de Galicia 20.190,00
Xestión Rural de Galicia 670
Asociación Montes Baixos 3.260,00
Total 2.999.630

SOLICITUDES DENEGADAS:

Coba de Vales, S.C.G.
Federación Rural Galega
O Xeixo, S. Coop. Galega
Arvitot, S.L.
Viña Costeira, S.C.G.
image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información