O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) publica este xoves no Diario Oficial de Galicia a lista de solicitantes sen asignación de dereitos do réxime do pagamento básico da PAC 2016.
A Consellería do Medio Rural informa de que “os interesados terán información detallada da asignación mediante a notificación para o efecto ou na sede electrónica do Fondo Español de Garantía Agraria (www.fega.es)”.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante a presidenta do Fogga, no prazo dun mes.
Motivos da denegación do pago básico:
Os principais motivos para a non asignación das axudas do pagamento básico da PAC son, por esta orde:
-O solicitante non tiña dereito a recibir pagamentos dunha solicitude de axuda de pagamentos directos en 2013. Motivo 01
-O produtor non percibiu importes dos réximes de axuda de pagamentos directos no ano 2014. Motivo 02.
-O solicitante non ten hectáreas admisibles determinadas declaradas na solicitude única 2013. Motivo 03.
Outros motivos de non asignación son que a persoa solicitante non ten hectáreas admisibles na campaña 2015 (motivo 04), que ten menos de 0,2 hectáreas admisibles na campaña 2015 (motivo 05) ou que o solicitante non é agricultor activo (motivo 08).