Lastrar as rodas do tractor con auga: vantaxes e desvantaxes

Juan A. Gómez Lavandeira, Delegado de Agricultura e OTR de Bridgestone Hispania explica os problemas que provoca o hidroinflado, unha práctica aínda demasiado estendida. Participou na EFA Fonteboa nas Xornadas de Maquinaria Agrícola. Sostenibilidade ambiental: eficiencia enerxética e a conservación do solo.

Lastrar as rodas do tractor con auga: vantaxes e desvantaxes

O contrapeso é o método recomendado fronte ao hidroinflado.

O hidroinflado consiste no lastrado das rodas mediante auga, ocupando o aire arredor do 25% do volume restante. Juan A. Gómez Lavandeira, delegado de Agricultura e OTR de Bridgestone Hispania explicou que “hai 40 anos, con tractores que pesaban pouco, podíase entender hoxe en día non ten sentido e os problemas que provoca non compensan o aforro que poidamos ter en non comprar un contrapeso”.

Entre as desvantaxes deste método, Juan A. Gómez Lavandeira enumerou as seguintes:

·         Maior peso, e polo tanto maior consumo de combustible. Por exemplo, para un tractor de 120 cabalos lastrando os pneumáticos con auga estaríamos engadindo un peso duns 1.700 kilos.

·         Incremento da compactación do solo, xa que o pneumático está máis ríxido. Esta compactación provocará unha menor produtividade do cultivo.

·         Peor distribución de pesos e, polo tanto, perdas nas eficiencia do motor. En tractores con dobre tracción , o 40% do peso debe estar no eixo dianteiro e o 60% no traseiro.Se lastramos as rodas do eixo traseiro con auga desequilibramos o reparto de pesos.

·         O tractor ten maior inercia interna, polo que freadas e as aceleracións son a golpes, non son continuas. Isto provoca un maior abuso e desgaste de freos.

·         Aumenta a rixidez do pneumático, e polo tanto diminúe o confort e hai un maior risco de roturas.

·         O tractor pasa máis tempo inactivo en reparacións e montaxe/desmontaxe dos pneumáticos. É dicir, hai unha menor produtividade do tractor e do tractorista.

“É dicir, hai claramente uns maiores custos operativos co hidroinflado que coa compra de contrapesos para o tractor. A medio e longo prazo claramente sáenos menos rendible o hidroinflado”, concluíu o delegado de Bridgestone.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información